¿Que podo facer para diversificar os meus mercados e atopar novos clientes? ¿É a internacionalización unha estratexia adecuada para o meu negocio?
¿Podo mellorar a miña competitividade cunha adecuada xestión de compras internacional? ¿Como atopo provedores internacionais fiables?
¿A miña empresa atópase na posición correcta para emprender un proceso de internacionalización? ¿Que recursos son recomendables e que recursos imprescindibles?
A internacionalización converteuse para moitas empresas na mellor alternativa para superar a crise económica e financeira e gañar competitividade. Pero tomar decisións de carácter internacional non é sinxelo, require de coñecementos, ferramentas e metodoloxías específicas, como as que se explicarán e practicarán neste curso.
Para máis información, visiten a seguinte Web.