Axenda

Do20-06-2012ao21-06-2012 Obradoiro do BIC GALICIA

TICemprende: TIC Branding. Creación, desenvolvemento e xestión de marcas no sector TIC

BIC GALICIA


Obradoiro do BIC Galicia que se presentarán novas tendencias e oportunidades de negocio para as empresas TIC que contribuan a orientar os seus procesos de innovación e a afianzar o seu posicionamento no mercado.

OBXECTIVOS

  • Formación sobre novas ferramentas, técnicas e sistemas de xestión empresarial.
  • Introducion na dinámica da empresa de novas formas de traballo.
  • Aprendizaxe compartido polos asistentes e asistido por profesionais expertos.
  • Actuación sobre os procesos de xestión susceptibles de mellora mediante a posta en marcha de iniciativas e proxectos concretos.
  • Intercambio de ideas e experiencias entre as empresas participantes.
  • Presentación de novas tendencias e oportunidades de negocio para o sector TIC
     
DESTINATARIOS
  • Empresas do sector TIC, fundamentalmente a pemes e micropemes na fase de consolidación.
  • Son público obxectivo desta actividade: empresarios, directivos, responsables de área, técnicos e profesionais de empresas TIC  involucrados no desenvolvemento e/ou mellora da área temática sobre a que trate o obradoiro.

Toda a Información da Xornada resúmese no Programa.