Asociados

FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA, S.L.

Consultoría e desenvolvemento de software

Salgueiriños de abaixo, 11 - L6 CP: 15703 - Santiago de Compostela

Ver mapa

imaxin|software ten como principal obxectivo responder ás necesidades do cliente con espírito innovador, concibindo as novas tecnoloxías como un elemento competitivo para asegurar aos nosos clientes un valor diferencial e de liderado.

imaxin|software superou a validación do Modelo CMMI nivel 3 outorgado polo Instituto de Enxeñaría do Software (SEI) da Universidade Carnegie Mellon, dos Estados Unidos. Capability Maturity Model Integration (CMMI) é un modelo de validez internacional para o melloramento efectivo de procesos estandarizados de fabricación de software. A súa filosofía orientada ao desenvolvemento de produtos e servizos de calidade céntrase na utilización de boas prácticas na xestión dos proxectos co obxectivo de satisfacer as expectativas do cliente. CMMI tamén proporciona métodos de melloramento continuo dos procesos por medio de diferentes técnicas de análise. As empresas que utilizan o modelo CMMI son obrigadas a someterse con regularidade a novos procesos de avaliación por parte do SEI, o que asegura en todo momento a calidade final dos produtos.

SERVIZOS:

  • Consultoría e formación
  • Desenvolvemento ou personalización
  • Posvenda
ÁREAS DE COMPETENCIA:
  • imaxin groupweb
  • imaxin avanza
  • in gaming
  • imaxin localiza
  • imaxin context