Asociados

SOFTWHISPER, S.L.

Desenvolvemento integral para móbiles

Avda. Rosalía de Castro, 212 - Bajo CP: 15172 - Oleiros

Ver mapa

A historia de Softwhisper é un tanto curiosa e remontase ós anos da universidade, nos que Pablo e Fernando xa pasaban practicamente todos os días xuntos. En 4º de carreira nunha asignatura asignóusenos empezar a traballar en modelado dun proxecto que chamaron Softwhisper.

Esta práctica evolucionou como Softwhisper ó proxecto fin de carreira xunto con dous alumnos máis no que realizaron un sistema de streaming baseado en torrent que modifica as estratexias de descarga en función do buffer. Softwhisper empeza a sonar na cabeza de Nano e Pablo como un futuro non moi lonxano....

En Outubro de 2010, tras case 2 anos de traballo como freelances e en empresas, Nano e Pablo constituen Softwhisper como empresa para continuar o seu crecemento, coa firme convicción que o desenvolvemento para móbiles ía a ter o boom que estamos vivindo estes días. Desde entonces Softwhisper desenvolveu máis de 30 proxectos móbiles para as principais plataformas do mercado (iOS, Android e Windows Phone), levou a cabo varias web con Ruby on Rails e ofreceu o seu know-how en temas de consultoría ás empresas coas que colabora. E o máis importante, un equipo de 6 persoas incribles que día a día demostran o seu compromiso con esta empresa :)