Asociados

TESLA TECHNOLOGIES & SOFTWARE, S.L.

Desenvolvemento de solucións para dispositivos móbiles e web

Pilar Miró, 6 CP: 15703 - Santiago de Compostela

Ver mapa

Dende Tesla Technologies, queren recoller a testemuña do gran personaxe que da nome a súa empresa. Creen na liberdade e en que se pode cambiar o mundo. Son distintos e iso non os preocupa, queren axudar aos seus clientes a obter os mellores resultados posibles pero sen renunciar xamais aos seus principios e a súa especial idiosincrasia. Queren mellorar cada día e facer mellores a aqueles que os rodean, creen que no seu pais existe un gran talento que se atopa infravalorado e queren poñelo en valor. 

Os seus servizos céntranse nos seguintes campos:

  • Deseño web HTML5 e CSS3, fan animacións, e efectos sen usar nada de flash.
  • Programación JAVA, Hibernate, Spring Web Flow, Java Server Face -JSF
  • E-Commerce: Estan coas últimas tendencias no comercio electrónico.
  • Posicionamento SEO, é a cuarta pata sobre a que se asenta a súa empresa, levan os temas de SEO ao límite.