Asociados

CESGA

Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

Avda. de Vigo, s/n - Campus Vida CP: 15705 - Santiago de Compostela

  • Web
  • T.  981569810
  • F.  981 594 616
Ver mapa

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) que depende da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é un organismo cunha traxectoria de máis de 20 anos. O seu obxecto é investigar, fomentar e difundir servizos de cálculo intensivo e comunicacións avanzadas ás comunidades investigadoras galega e do CSIC, así como a empresas e institucións. O Centro foi recoñecido como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular do Estado.

A Fundación ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.

En xeral son fins da Fundación todos aqueles que promovan a investigación e uso do cálculo intensivo, comunicacións avanzadas e desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións, como instrumento para o desenvolvemento socioeconómico sustentable, dedicando especial atención ás relacións de cooperación entre os centros de investigación públicos ou privados e o sector produtivo.

Actividades:

  • Promover e participar na elaboración de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico
  • Proporcionar capacidade de cálculo, comunicacións e soporte técnico aos seus usuarios mediante o equipamento dispoñible na Fundación
  • Colaborar na transferencia de resultados de investigación na área de cálculo entre os centros públicos de investigación e as empresas
  • Fomentar e promocionar a cooperación entre institucións a nivel nacional e internacional
  • Contribuír ao desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das comunidades investigadoras galegas e do CSIC
  • Colaborar con institucións, empresas e persoas en calquera materia relacionada co obxecto da Fundación, nos termos que se establezan nos correspondentes acordos ou convenios de cooperación
  • Promocionar e colaborar na organización de cursos, seminarios e reunións relativos á innovación mediante o cálculo intensivo e comunicacións
  • Promover e difundir aquelas actividades e resultados que se consideren de interese da Fundación
  • Colaborar con outros centros de supercomputación para unha utilización eficaz das tecnoloxías
  • Buscar e obter recursos para o desenvolvemento das súas actividades
  • Atender ás necesidades tecnolóxicas das entidades e empresas que así o requiran na área da supercomputación.
  • Calquera outra actividade que se considere de interese para o obxecto da Fundación

SERVIZOS

A prestación de servizos aos usuarios e clientes está orientada fundamentalmente a proporcionar calquera tipo de apoio científico e técnico que se requira para a explotación óptima dos sistemas de computación, almacenamento de datos e comunicacións de alta rendemento, así como para a análise e presentación dos resultados. Os servizos ofrecidos son os seguintes:

  • Servizos de computación para usos científicos, técnicos e de enxeñaría
  • Almacenamento de datos do usuario
  • Enxeñaría de redes de comunicacións avanzadas
  • Apoio para a transferencia de resultados á industria
  • Apoio no deseño e desenvolvemento de proxectos de I+D
  • Apoio para a explotación das ferramentas de colaboración e recursos de aprendizaxe online
  • Apoio para a utilización óptima dos sistemas de información xeográfica