Asociados

DATALAWYERS, S.L.

Consultoría Xurídica TIC

Rúa Curros Enríquez, 17 - 2º C CP: 32500 - O Carballiño

Ver mapa

Nacida en 2003 cun enfoque orientado ao dereito das tecnoloxías da información e as comunicacións, co paso do tempo e en resposta á demanda dos seus clientes, o ámbito de actuación de datalawyers foise extendendo á propiedade intelectual, os dereitos de autor, ao dereito público, á consultoría de procesos, ao dereito empresarial e á elaboración de normativa.

Datalawyers prové asesoramento e representación en asuntos e negocios no ámbito das tecnoloxías da información. Con amplia experiencia nos aspectos legais relacionados coa propiedade intelectual, a privacidade e os negocios basados en internet, asumen a representación de estudos na negociación de acordos de distribución e licenzas de contidos. Igualmente, Datalawyers ten unha dilatada traxectoria no asesoramento e defensa de organizacións públicas e privadas no ámbito da normativa de protección de datos.

Datalawyers mantén acordos permanentes de colaboracións con outras entidades especializadas en solucións tecnolóxicas e enxeñaría, de forma que os seus servizos son ofrecidos ao cliente desde unha óptica multidisciplinar.