Asociados

ILUX VISUAL TECHNOLOGIES, S.L.

Servizos interactivos e sistemas visuais de información xeográfica

Sor Joaquina, 4 - Baixo Esq CP: 15011 - A Coruña

Ver mapa

Empresa centrada na investigación, desenvolvemento, innovación e comercialización de servizos interactivos, aplicacións e sistemas visuais de información xeográfica baseados en tecnoloxías e sistemas avanzados de navegación sobre o terreo.

Desde a creación da compañía, e cun forte carácter innovador en todos os seus desenvolvementos, comercializaron solucións para administracións, empresas e entidades culturais vinculadas á visualización 3D aplicada á arquitectura, o impacto ambiental, o turismo e a recreación virtual, contando cunha liña de produtos de xestión ligada á representación en tres dimensións do territorio.