Asociados

TELECON GALICIA, S.A.

Your Gateway to the Smart World

Avda. de Nostián - Polig. da Artística; Nave 7 CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

Empresa tecnolóxica especializada no deseño, desenvolvemento, fabricación e comercialización de redes intelixentes de monitorización e control aplicadas á seguridade, eficiencia enerxética e telemedida de auga e enerxía.Aportan solucións profesionais a operadores, utilities, empresas de seguridade e integradores de sistemas mediante a produción e integración de solucións innovadoras.

Os pilares de Telecon son a súa capacidade tecnolóxica, flexibilidade e rapidez nos procesos de deseño e fabricación e excelencia na calidade e no servizo a clientes. As liñas de negocio principais son:

  • Sistemas electrónicos de vixilanza de artículos EAS: deseño, desenvolvemento e fabricación dunha ampla gama de equipos e sistemas electronicos para a seguridade de prendas e artigos no retail.
  • ECOHUB: plataforma con tecnoloxía propia de última xeración que permite medir o consumo de calquera instalación eléctrica, de auga ou de gas e actuar sobre as instalacións para minimizar os consumos
  • Plataforma de Telexestión PRIME: plataforma para a telexestión de contadores de electricidade con tecnoloxía PRIME que inclúe o concentrador de comunicacións, equipo instalado no Centro de Transformación para a recolección de consumos dos contadores, e un software de xestión centralizado que permite a monitorización e control de todos os elementos da rede PRIME.
  • Smart Networks: Solucións personalizadas para o despregue de redes de cable e fibra óptica e servizos avanzados para operadores de telecomunicación.