Asociados

INNOVACION COOPERACION CARTOGRAFIA Y TERRITORIO, S.L.

Consultoría e desenvolvemento de software

Rafael Alberti, 13, 1º D CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

iCarto é unha empresa, calificada como “Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica” pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo o desenvolvemento e a aplicación das Tecnoloxías da Información Xeográfica (TIG) no ámbito da enxeñaría civil (estradas, augas, infraestruturas, patrimonio, …) e a cooperación ao desenvolvemento.

Icarto está especializada en poñer en valor a información mediante o uso das TIG. A finalidade de iCarto é deseñar, executar e colaborar en proxectos que procuren unha planificación e xestión máis eficaz das infraestruturas, os servizos, os recursos e os espazos territoriais. Neste sentido, desenvolven, implementan e aplican metodoloxías e programas para a captura, tratamento, análises e representación de datos xeoespaciais.

Cunha filosofía fortemente marcada polo software libre, iCarto realizou proxectos para empresas do mundo da enxeñaría, administracións públicas ou entidades do sector da cooperación ao desenvolvemento, e veu realizando a súa actividade en diferentes países de Centroamérica, Europa e África.