Asociados

SERINFER SERVICIOS INFOMÁTICOS, S.L.

Solucións e servizos globais de software

Avda. de Madrid, 197 CP: 36214 - Vigo

Ver mapa

Serinfer é unha compañía de solucións e servizos globais TIC especializada no sector de automoción que inicia a súa actividade no ano 1985 co propósito de desenvolver un sistema de xestión global da actividade de negocio dun concesionario de automóbiles, o que se coñece como DMS (Dealer Management System).

Desde entón, Serinfer seguiu innovando e creando novos produtos software que permiten enriquecer a achega do DMS, co obxectivo de acompañar aos seus clientes nas necesidades que os seus negocios e o mercado lles vai demandando. 

Serinfer conta cunha organización áxil e activa de máis de 50 profesionais, con actitude positiva e talento capaz de achegar solucións personalizadas a cada un dos seus clientes. Tendo como premisa que o maior valor que poden achegar os seus produtos e servizos é axudar aos clientes a ser máis eficientes e rendibles, en busca sempre do incremento dos seus beneficios empresariais.

Na actualidade Serinfer é un referente no sector de automoción, os seus produtos están presentes en practicamente todas as marcas de automóbiles e conta con clientes e casos de éxitos repartidos por toda a península ibérica.