Asociados

TERRAVANZA Gabinete de Estudios Territoriales Avanzados, S.L.

Sostenibilidade e Innovación Territorial

Edificio de Servicios Centrales de Investigación Campus de Elviña, s/n CP: 15071 - A Coruña

Ver mapa

Empresa spin-off da Universidad de A Coruña que se adica ao asesoramento técnico, auditoría e consultoría nos campos da enxeñaría, a planificación, o urbanismo e o medio ambiente aplicando solucións innovadoras. Tamen presta servizos asociados incluíndo diagnóstico, soporte, mantemento, instalación, integración de subministración, explotación, evaluación, optimización, dirección, xestión, formación, divulgación, investigación, innovación e desenvolvemento, incluído o tratamento de datos.

A iniciativa empresarial céntrase na monitorización das infraestruturas municipais baixo o criterio do detalle e a actualización constante a través de sensores estáticos e dinámicos, integrando os seus resultados con distintas bases de datos, coa finalidade de obter unha visión completa e en tempo real das mesmas para facilitar a xestión, mantemento e toma de decisións na esfera local.  

Principais produtos e servizos:

  • Planeamento Territorial e Urbano
  • SMART CITIES
  • Plans Estratéxicos
  • Plans de Mobilidade, Transporte e Loxística
  • Estudos de Paisaxe e Patrimonio
  • Proxectos de Infraestruturas