Asociados

YOURSPACE, S.C.

Marketing dixital

r/ Colón, 34 - 4ºA CP: 36201 - Vigo

Ver mapa

Empresa emprededora situada en Vigo con 3 ámbitos de negocio: Xestión de Redes Sociais, Desenvolvemento das TIC no ámbito turístico e Organización de Eventos.

YourSpace ofrece a posibilidade, a pemes, micropemes e autónomos, de estar presente nas redes sociais de maneira xestionada de forma profesional e eficaz a un baixo custe. Asimesmo ofrecen servizos de SEO, SEM, Marketing Dixital e creación de páxinas web.

YourSpace é Partner de Civitfun para proporcionar aplicacións móbiles, específicas para cada cliente hoteleiro, ocupándose do seu mantemento técnico. Ofrece un SaaS (Software as a Service) que permite aos hoteleiros crear a aplicación móbil do seu hotel a través dun backoffice de forma fácil e rápida. O seu obxectivo, ofrecer unha ferramenta que optimiza a operativa do hotel e rodea a experiencia do hóspede antes, durante e despois da estancia.

A través da App de cada hotel o hósspede pode facer check in/out, comprar actividades e transfers, reservar restaurantes, chatear co hotel, recibir notificacións, obter a clave WiFi, abrir a porta da súa habitación ou consultar puntos de interese e guías turísticas, entre outras.

Principais produtos e servizos:

  • Xestión de Redes Sociais, SEO, SEM, Marketing Dixital e creación de páxinas web
  • Desenvolvemento das TIC no ámbito turístico
  • Organización de Eventos