Asociados

PROSEGUR SOLUCIONES INTEGRALES DE SEGURIDAD ESPAÑA, S.L.

Seguridade

Rúa Newton, 11. Polígono Industrial A Grela CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

En Prosegur Seguridad prestan aos seus clientes servizos innovadores que combinan as últimas tecnoloxías cos mellores profesionais, adaptándose así a cada un dos sectores de especialización.
O resultado é a creación dunha organización máis sinxela e eficiente, con menos barreiras de comunicación e enfocada na potenciación do valor, tanto para o Cliente como para Prosegur.
Desta maneira logran un modelo efectivo capaz de industrializar os seus servizos e mellorar a súa conta de resultados.
Desde a Dirección de Tecnoloxía persiguen a innovación para ofrecer solucións máis eficientes. Baixo esta área englóbanse a instalación de Sistemas Electrónicos de Seguridade e os Sistemas de Proteción Contra Incendios e o seu mantemento, sempre co obxectivo de adaptar as solucións de seguridade ás diferentes necesidades dos clientes.

Desde a área de Tecnoloxía levan a cabo o deseño, instalación e mantemento de sistemas de seguridade e protección contra incendios a través de servizos especializados como:

Sistemas Electrónicos de Seguridade

Instalan as solucións tecnolóxicas máis avanzadas e innovadoras como parte da solución de seguridade máis adaptada ás necesidades específicas de cada cliente e situación:

  • Sistemas Anti-intrusión
  • Sistemas de videovixilancia
  • Control de accesos
  • Interfonía e Megafonía
Sistemas de Proteción Contra Incendios

A eficiencia e eficacia dos proxectos de Proteción Contra Incendios basease na total coordinación entre enxeñaría e diseño coa posterior produción en función da solvencia dos medios humanos e ferramentas dos que dispoñen, tanto en detección de incendios como en extinción de incendios.
  • Sistemas de detección de fume.
  • Sistemas de detección de calor.
  • Predicción de riscos de combustión espontánea.
  • Sistemas de extinción de columna seca e de columna húmeda.
  • Sistemas de hidrantes.
  • Sistema de rociadores.
  • Sistemas de extinción de incendios con auga pulverizada.
  • Sistemas de extinción de incendios con auga nebulizada.
  • Sistemas de extinción de incendios con gases (FM – 200, CO2, argonite, entre outros).
Os proxectos de sistemas de proteción contra incendios deséñanse conforme ás normativas existentes.

Servizo Técnico

Na área de mantemento ofrecen unha ampla gama de servizos, desde mantementos preventivos a servizos de mantemento integral (preventivo e correctivo en todas as súas modalidades).
Ademais, os sistemas de monitorización remota envían alertas ao Centro de Control de Prosegur ante calquera incidencia técnica, minimizando os tempos de intervención e solución de avarías.
Servicios Avanzados de Seguridade – Centros de Control e Central Receptora de Alarmas
Os sinais de alarma son transmitidas de forma segura e inmediata á Central Receptora de Alarmas para o seu tratamento e resposta.
Ofrecen os servicios de Enxeñaría, Deseño e Instalación dos Centros de Control e monitorización máis avanzados, proporcionando os servizos de:
  • Deseño e instalación de Centros de Control e Sistemas de Videovixilancia.
  • Monitorización de alarmas de seguridade e técnicas.
  • Sistemas de Control de Frío.
  • Sistemas de apertura e peche remoto de instalacións.
  • Sistemas de localización de vehículos substraídos.
  • Localización e seguimento de flotas de transporte.
  • Localización e seguimiento de persoas (aviso de intrusión en espazos restrinxidos ou aviso de abandono de lugares restrinxidos…)
  • Localización e seguimento de obxectos.
Os seus profesionais especialistas en Operación e xestión de Centros de Control traballan tanto desde as instalacións do cliente como desde as propias, monitorizando as 24 horas ao día calquera evento ou alarma que o cliente queira controlar, para o que Prosegur conta cun Centro de Alta Tecnoloxía.
Ademais, os seus profesionais están altamente cualificados para establecer os protocolos de actuación ante calquera evento que os seus Centros de Control detecten, podendo desde actuar remotamente sobre un dispositivo e alertar ás Forzas de Seguridade do Estado ata enviar a un profesional cualificado que se presente in situ no lugar, seguindo os pasos a seguir consensuados co cliente.