Asociados

ASOCIACIÓN GALEGA DE GRADUADOS E ENXEÑEIROS TÉCNICOS DE TELECOMUNICACIÓNS (AGGETT)

Asociación

Lg/ Laxa, 28 CP: 36001 - A Arnoia

A AGGETT Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos en Telecomunicacións, nace no ano 2014 como resposta á demanda social de crear un foro único donde os profesionais galegos da actividade da Enxeñería Técnica de Telecomunicación poidan expresar libremente as súas inquietudes, compartir experiencias, irmandar vontades, capacitarse e servir á sociedade da mellor maneira posible.

Entre outros obxectivos de constitución da AGGETT están os de contribuír ó prestixio social, laboral e científico de tódolos asociados e contribuír cos nosos coñecementos ó progreso social de Galicia.

A misión da AGGETT é dotar a cada asociado de instrumentos eficaces que melloren a relación coa sociedade e a súa imaxen profesional, fomentando e divulgando información, coñecemento e experiencias entre aqueles profesionais e empresas que configuran a actividade das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.

Actualmente a AGGETT concentra a máis de 150 profesionais con cualificación probada na enxeñería de telecomunicacións e as tecnoloxías da información e as comunicacións. Un conxunto de profesionais que representan ás principais empresas do sector tecnolóxico galego.

A AGGETT é a representante en Galicia do COGITT/AEGITT Colegio Oficial de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación e mantén relacións moi estreitas e de crecente colaboración coas súas homónimas no resto de comunidades autónomas de España.