Asociados

ATOS SPAIN, S.A.

ATOS S.A.

Multinacional de servizos de tecnoloxías da información

C/ Luis Taboada n º 32, 4º B CP: 36201 - Vigo

  • Web
  • Email
  • T.  986 229 788
  • F.  986 221 692
Ver mapa

Multinacional de servizos de tecnoloxías da información. Proporciona á súa carteira global de clientes servizos transaccionais de alta tecnoloxía, servizos de consultoría e tecnoloxía, integración de sistemas e servizos xestionados.

Grazas á súa profunda experiencia en tecnoloxía e coñecemento dos diferentes sectores, traballa con clientes presentes nos seguintes mercados: Manufacturing, Retail, Services; Public, Health & Transport; Financial Services; Telecoms, Media & Technology; Energy & Utilities.

Atos está especializada en tecnoloxía aplicada ao negocio que impulsa o progreso e axuda ás organizacións a crear a súa compañía do futuro. É Partner Tecnológico Mundial para os Xogos Olímpicos e cotiza no mercado Eurolist de París. Exerce as súas actividades baixo as marcas Atos, Atos Consulting & Technology Services, Atos Worldline e Atos Worldgrid.

Atos Spain integra a presenza xeográfica, actividades, desenvolvemento e posicionamento estratéxico das sociedades de Atos presentes na Península Ibérica. Desenvolve a súa actividade cun equipo de 5.800 profesionais.

A bagaxe de especialización funcional de Atos Spain abrangue os seguintes sectores:

  • Banca.
  • Telecomunicacións.
  • Media.
  • Energy e Utilities.
  • Manufacturing.
  • Retail e Transporte.
  • Sector Público e Sanidade.
  • Consultoría.
  • Integración de Sistemas.
  • Outsourcing.
  • HTTS (servizos de transaccións de alta tecnoloxía)