Asociados

ENXENIO, S.L.

ENXENIO, S.L.

Enxeñería de software

Carretera Baños Vellos de Arteixo, Edf. San Cristovo, Portal B, 2º Esq CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

Enxenio é unha empresa de desenvolvemento de software que se apoia na investigación avanzada e na innovación tecnolóxica para construír con axilidade solucións que permitan a mellora dos sistemas de información dos nosos clientes.

Enxenio nace ao carón do Laboratorio de Bases de Datos (LBD) da Universidade da Coruña, polo que basea a súa actividade nas principais liñas de investigación deste grupo, centradas na xestión masiva de datos, e máis en concreto en:

  • Sistemas de Información Xeográfica.
  • Estruturas avanzadas e algoritmos de compresión, indización e recuperación de textos.
  • Bibliotecas Dixitais e Xestión de dereitos de Contidos Dixitais.
  • Bases de Datos orientadas a grafos.
  • Recuperación de Información Xeográfica.

Esta labor de investigación do LBD atópase na fronteira do coñecemento, orientándose Enxenio a unha investigación máis aplicada co obxectivo de conseguir resolver problemas complexos co desenvolvemento de software punteiro, sustentado en dúas áreas tecnolóxicas que dan orixe ás súas liñas de negocio, as Bases de Datos Espaciais e as Documentais e Multimedia.