Asociados

IGALIA, S.L.

IGALIA, S.L.

Desenvolvemento de software

Bugallal Marchesi, 22 - 1º CP: 15008 - A Coruña

Ver mapa

Igalia é unha consultora moi especializada de Software Libre creada no ano 2001 en A Coruña. Os seus enxeñeiros teñen ampla experiencia nun amplo rango de tecnoloxías que abranguen todas as capas da pila tecnolóxica de GNU/Linux, e con anos de experiencia contribuíndo a proxectos de Software Libre e ás súas comunidades. Igalia ofrece servizos de consultoría, desenvolvemento e formación.

Igalia lidera o desenvolvemento de proxectos e compoñentes nas áreas de renderización e navegadores. Igalia conta tamén con ampla experiencia en desenvolvemento e optimización de compoñentes clave da pila de tecnoloxías gráficas, multimedia e compiladores no sistema GNU/Linux.

Aplican o seu coñecemento a unha ampla variedade de plataformas e tecnoloxías no mercado da electrónica de consumo, ofrecendo solucións dentro das áreas de Smart TV, set-top boxes, tablets, teléfonos móbiles, in-vehicle infotainment e smart home, sectores nos que se atopan os clientes principais da compañía.