Asociados

R

R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A.

Operador de Comunicacións

Real, 85 CP: 15003 - A Coruña

Ver mapa

R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, ofrécelles servizos integrados de teléfonía fixa e móbil, internet de alta velocidade e televisión dixital multicanle aos fogares e empresas de Galicia. Dende hai máis dunha década constrúe, rúa a rúa, unha moderna rede de fibra óptica que a día de hoxe chega xa a máis de 910.000 fogares e empresas de 98 localidades galegas, grandes e pequenas. Neste proxecto para Galicia R leva investidos ata a data (peche 2013) arredor de 940 millóns de euros.

Arestora arredor de 71.000 empresas en Galicia son xa clientes de R, o operador de cable con maior proporción de ingresos procedentes do mercado empresarial: un 36%. Ademais, no eido da empresa, R é líder en servizos fixos alí onde ten rede despregada e supera, así mesmo, aos seus competidores, en servizos móbiles.