Asociados

ALTIA CONSULTORES, S.A.

Altia Consultores

Consultoría e prestación de Servizos TIC

Avda. del Pasaje, nº32 CP: 15006 - A Coruña

  • Web
  • Email
  • T.  981 138 847
  • F.  981 138 848

Altia é unha das primeiras compañías independentes de consultoría e prestación de servizos TIC en España.

Desde 1994 con proxectos para Administracións Públicas, Industria e Servizos, Telecomunicacións e Servizos Financeiros.

Nestes momentos teñen oficinas en: A Coruña, Vigo, Vitoria, Santiago, Madrid, Valladolid, Alicante e Toledo

Compromiso cos seus clientes e innovación permanente.

A orientación ao cliente e o compromiso co seu negocio son a razón de ser non só do crecemento senón mesmo da simple existencia de empresas como Altia.

O compromiso co cliente nun entorno de gran competitividade non pode separarse da vocación innovadora. O negocio do cliente necesita en todo momento solidez pero tamén anticipación.

Os profesionais de Altia saben que a calidade do servizo se basea na capacidade de entender as necesidades presentes e futuras dos clientes e de satisfacelas, nunha actividade continua que non permite baixar a garda. Esa actividade explica a traxectoria pasada de Altia; o seguir facéndoo é a misión que nos plantexamos.