Asociados

SISTEMAS AVANZADOS DE TECNOLOGÍA, S.A.

SATEC

Consultoría e desenvolvemento de software

Rúa das Hedras, 6 nivel 1 local K CP: 15895 - Milladoiro - Ames

Ver mapa

SATEC, Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. é unha multinacional española integradora de solucións tecnolóxicas e especializada en servizos avanzados asociados ás novas Tecnoloxías da Información. Desde 1987 promoveu a cooperación cos seus clientes a través da innovación en procesos, medios e tecnoloxías contribuíndo ao cambio, a produtividade e a competitividade nos negocios.

Os principios que rexen as nosas actuacións son: unha sólida base tecnolóxica e a alta cualificación dos nosos profesionais, unidas a unha experta xestión dos provedores, cunha atención constante á calidade do produto ou servizo, unha innovación permanente, unha dilatada experiencia na implantación de solucións en máis dun milleiro de clientes e unha relación privilexiada cos nosos partners tecnolóxicos, sempre enfocados cara ao cliente cun compromiso firme de ofrecer solucións e servizos innovadores que se adapten ás súas necesidades específicas.

Na actualidade contamos cun persoal de máis de 1.000 persoas. De capital español, SATEC é hoxe un grupo empresarial internacional con presenza activa en sete países.

Complementariamente á actividade principal, SATEC participa nunha empresa enfocada cara á prestación de solucións específicas como é o caso de InterHost, focalizada en solucións de enxeñaría de Centros de Datos e hosting.