Asociados

HEWLETT PACKARD ENTERPRISE

HEWLETT-PACKARD ESPAÑOLA

Solucións Globais

C.N. Costa Vella, Rúa do Amio CP: 15707 - Santiago de Compostela

Ver mapa

Empresa tecnolóxica que opera en máis de 170 países de todo o mundo. Exploran de que maneira pode axudar a tecnoloxía e os servizos ás persoas e ás empresas a afrontar os seus problemas e desafíos e a facer realidade as súas posibilidades, aspiracións e soños. Aplican novos coñecementos e ideas co fin de crear experiencias tecnolóxicas máis sinxelas, valiosas e de confianza, mellorando ao mesmo tempo de maneira continua o modo en que os seus clientes viven e traballan. 

Ningunha outra compañía ofrece unha carteira de produtos tecnolóxicos tan completa como HPE. Dispón de ofertas de infraestrutura e empresa que abarcan desde dispositivos de peto a algunhas das instalacións de supercomputadoras máis poderosas do mundo. Ofrecen aos seus consumidores unha extensa gama de produtos e servizos que van desde fotografía dixital até entretemento dixital e desde computación a impresión doméstica. Esta extensa carteira axúdaos a adecuar os produtos, os servizos e as solucións correctas ás necesidades específicas dos seus clientes.