Ednon é unha empresa integradora de servizos avanzados de tecnoloxías da información e a comunicación. Os seus servizos inclúen centro de atención a usuarios, soporte e mantemento, integración de sistemas e comunicacións, outsourcing e infraestructuras.
Fundada no ano 2004, e de capital privado independente, opera en todo o territorio español a través das súas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid e a nivel internacional a través da súa oficina en Panamá.
As claves do seu éxito baséase na calidade do servizo, a cercanía ao cliente, un equipo directivo con gran experiencia, uns recursos humanos altamente cualificados ademais de contar co respaldo das máis importantes multinacionais do sector TIC.
SERVIZOS:
Servizos de Outsourcing
Un equipo especializado e flexible que varía en función das necesidades de cada cliente, definindo os procedementos e facilitando os equipos necesarios.
Para manter uns niveis de servizo adecuados, Ednon estableceu acordos a largo plazo, que aseguran una resposta óptima para todos os clientes.
Servizos de colaboración
A cercanía de Ednon ós clientes abre unha porta de acceso rápida e eficaz para poder ofrecer productos e servizos de primeiro nivel no mercado das tecnoloxías da información.
Proporcionan o desenrolo de alianzas sólidas, que permitan a colaboración entre os diferentes axentes de negocio (clientes e proveedores de solucións, productos e servizos).
Servizos de Soporte
- Mantemento 7x24h en toda Galicia
- Poden ofrecer tempos de presencia de menos de 2 horas en toda Galicia
- Amplia experiencia en redes, microinformática e sevidores de gama media
Servizos de Integración
O servizo de integración é unha das pezas clave dentro da oferta de Ednon ofrecendo o máis alto grado de calidade tanto na fase de preventa como de postventa.
Ednon é experto na integración de sistemas medios, na implantación de sistemas de almacenamento de datos e back up, suministro de software, microinformática e ferramentas para a xestión.