Asociados

SEIDOR, S.A.

Compañía internacional especializada na implantación de solucións de alto contido tecnolóxico.

Camiño Quirós, 52 CP: 36214 - Vigo

Ver mapa


Seidor é un grupo de empresas dedicadas á provisión de solucións integrais no ámbito das tecnoloxías da información. Está presente no mercado dende 1982 e conta con oficinas en 17 cidades españolas.
En Galicia, as súas oficinas están situadas na Coruña e Vigo. A isto súmase unha destacada implantación internacional, con delegacións en once países latinoamericanos, Portugal e Estados Unidos.

Cunha facturación de 145 millóns de euros, un equipo formado por máis de 1.700 profesionais e presenza en Europa, Latinoamérica e EUA, Seidor é unha empresa multinacional española dedicada a ofrecer solucións integrais no ámbito da consultoría de software e servizos informáticos, estratexia, desenvolvemento, operacións, infraestrutura, mantemento de aplicacións, on-demand e outsourcing, entre outras.

A alianza estratéxica de Seidor cos principais e máis importantes desenvolvedores e fabricantes de tecnoloxía internacionais é a súa principal garantía para ofrecer a solución que mellor se axusta á necesidade específica de cada cliente.

Con máis de 30 anos de traxectoria no mercado, coñecemento tecnolóxico de vangarda, especialización sectorial, proximidade e equipo de expertos certificados polos principais fabricantes, Seidor é unha compañía sólida, estable e en expansión, focalizada en simplificar aos seus clientes o acceso a tecnoloxías emerxentes e xestionar os seus negocios dunha forma máis rápida, sinxela e alcanzable.