Asociados

AVANSIG, S.L.L.

logo

Enxeñería de software e tecnoloxías SIX

Edificio CITIC. Campus de Elviña, sn CP: 15071 - A Coruña

Ver mapa

Avansig é unha empresa especializada na Enñeraría do Software e orientada á prestación de servizos e desenvolvemento de solucións avanzadas no campo das TIC. Estas solucións baséanse en desenvolvementos altamente innovadores en tecnoloxías punteiras como: Tecnoloxías da Información Xeográfica (TIG), Sistemas de Localización en Tempo Real (RTLS) e Sistemas de Navegación Autónoma (SNA).

O principal obxectivo da empresa é desenvolver e propoñer aos seus clientes solucións avanzadas en tecnoloxías da información e as comunicacións, co fin de mellorar os seus procesos de negocio e aportar carácter diferenciador aos seus produtos.

A actividade de Avansig está orientada ao desenvolvemento de software a medida, a I+D+I e a prestación de servizos dentro do campo das tecnoloxías SIX. Este campo, en constante crecemento e renovación, ten como principais clientes a administracións e empresas que utilizan as tecnoloxías SIX para incrementar e mellorar os seus procesos e capacidade de xestión, incrementar as súas vendas, aforrar custos e mellorar a súa competitividade.

Avansig é una Empresa Asociada á Universidade da Coruña, calificada pola Xunta de Galicia como Empresa de Base Tecnolóxica, o que acredita o carácter innovador e a orientación científica e tecnológica do proxecto.