Asociados

CONFIRMSIGN, S.L.

Servicios de comunicación a través de Internet

Real, 1 - 1º CP: 15003 - A Coruña

Ver mapa

Creada en 2009 e sita en Oleiros (A Coruña), a empresa ConfirmSign S.L. desenvolveu a plataforma on-line do mesmo nome para a transmisión de comunicacións certificadas a través do correo electrónico. A principal actividade desta empresa é pois a prestación de servizos de comunicación a través de Internet.

O sistema ConfirmSign é un protocolo deseñado, desenvolvido e 100% propiedade de ConfirmSign, S.L., cuxa base é o depósito de documentación ou mensaxes dun emisor a un destinatario. A plataforma, que responde a “Tercero de Confianza” pola LSSI, certifica e documenta todos os envíos e comunicacións achegando os atributos precisos para ser proba legal fronte a terceiros e coa posibilidade de solicitar acta notarial.

Garante a inalterabilidade tanto do contido do envío coma dos documentos achegados e permite arquivar todos os envíos durante un período de cinco anos.