Asociados

APPENTRA SOLUTIONS, S.L.

Software para a paralelización guiada

Edif. CITIC, Campus de Elviña, s/n CP: 15071 - A Coruña

Ver mapa

APPENTRA é unha empresa de base tecnolóxica spin-off da Universidade de A Coruña fundada en 2012. A súa misión é proporcionar as mellores ferramentas de software de calidade que permitan un amplo uso de técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas de aplicación da enxeñaría, a ciencia e a industria.

A computación de alto rendemento (HPC) considérase como unha tecnoloxía clave para o futuro da industria (4.0), a ciencia e a sociedade.

As empresas están utilizando HPC para mellorar o servizo ao cliente mediante a análise de volumes de datos cada vez máis grandes; a minería de datos para mellorar a seguridade da red da empresa; e simulación de produtos para mellorar a calidade, acelerar o tempo de saída ao mercado, e reducir os custes de desenvolvemento. Estas son só algunhas das múltiples aplicacións HPC que demostran a súa crecente influencia na empresa.

Hoxe en día, o alto potencial de HPC vese obstaculizado por unha cuestión de software. O poder dos superordenadores é cada vez máis accesible aos usuarios industriais, o cuello de botella na utilización de forma masiva da HPC é o reto da programación paralela.

Os obxectivos son aumentar o rendemento, a productividade e a portabilidade. APPENTRA definiu un conxunto de produtos para hacer fronte a este reto. Son unha nova xeración de ferramentas de software para axudar a xestionar a complexidade da computación de alto rendemento e liberar todo o seu potencial.