O Cluster
Alta de socios
Alta de Empresas
As empresas que desexen darse de alta no Cluster TIC Galicia deben prsentar a seguinte documentación:
1. Folla de Adhesión
2. Copia das escrituras (incluídas as modificacións, se as houber)
3. Copia do CIF
4. Copia do IAE
As empresas do Grupo I (facturación de 0-2 millóns) teñen dereito a 1 representante con 1 voto.
As empresas do Grupo II (facturación de 2-10 millóns) teñen dereito a 2 representantes con 1 voto cada un ou poden optar por:
- Opción A: Nomean só a 1 representante que terá voto con valor=2.
- Opción B: Nomean a 2 representantes pero envían a 1 só á asemblea. Neste caso o representante que non vai asistir pode facer a súa delegación de voto no representante que si vai a ir.
- Opción C: Os representantes ou 1 deles, delegan o delega o voto noutros membros pertencentes á Asemblea do Clúster Tic Galicia.
As
empresas do Grupo III (facturación de +10 millóns) teñen dereito a
3 representantes con 1 voto cada un ou poden optar por:
- Opción A: Nomean só a 1 representante que terá voto con valor=3.
- Opción B: Nomean a 2 representantes, un terá voto con valor=2 e outro terá voto con valor=1.
- Opción C: Nomean a 3 representantes pero envían a 1 só á asemblea. Neste caso os representantes que non vaian asistir poden facer a súa delegación de voto no representante que si vai a ir.
- Opción D: Os representantes, ou un, ou dous deles, delegan ou delega o voto noutro/s membro/s pertencentes á Asemblea do Clúster Tic Galicia.
6. Copia do DNI do representante ou representantes que a empresa designou e se hai delegación de voto, copia do DNI da persoa na que delega.
7. Se a empresa non ten a súa sede social en Galicia, entregar documentación acreditativa de que ten un centro produtivo en Galicia e que conta cunha plantilla mínima de contratación neste centro de 3 persoas fixas ao ano.
8. Copia do TC2 (chega co encabezado onde se vexa o número total de empregados).
9. Certificación da facturación do último ano (presentarase ao peche do exercicio 2010).
10. Copia das declaracións do ano 2010 de IVE.
11. Copia da transferencia da cota de alta.
- Empresas con facturación 0-2 millóns de euros, cota de 150€.
- Empresas con facturación 2-10 millóns de euros, cota de 250€
- Empresas con facturación de máis de 10 millóns de euros, cota de 500€.
- Asociacións empresariais, cota de 250€.
- Colexios/asociacións profesionais, cota de 250€.
Estas cotas serán abonadas a nome do Clúster Tic Galicia na conta de CaixaNova: 2080-0155-10-0040027448, do que terá que remitir xustificante de ingreso.12. Orde de domiciliación bancaria para as cotas mensuais (modelo no menú documentación)
- Empresas con facturación de 0-2 millóns de euros, cota de 100€.
- Empresas con facturación de 2-10 millóns de euros, cota de 200€.
- Empresas con facturación de máis de 10 millóns de euros, cota de 300€.
- Asociacións empresariais, cota de 200€.
- Colexios/asociacións profesionais, cota de 200€.
As empresas que soliciten adhesión ao Clúster a través dalgunha asociación empresarial terán un 50% de desconto nas cotas mensuais polo que deberán indicar se entran por “Libre” ou indicar o nome da asociación a través da que solicitan a súa adhesión.
*NOTA: Non se precisan compulsas e poden remitir a documentación en formato PDF ao correo electrónico:
info@clusterticgalicia.com
Alta de Asociacións e colexios profesionais
As asociacions empresariais e máis os colexios e asociacións profesionais que queiran entrar a formar parte do Cluster TIC Galicia deben presenar a seguinte documentación:
1. Copia dos Estatutos en vigor
2. Copia do CIF
3. Designación da persoa física que representará á asociación
4. Copia do DNI do respresentante que a asociación designou
5. Copia do TC2 (Chega co encabezado onde se vexa o número total de empregados)
6. Certificación do número de asociados
7. Certificación da cuantía anual por cobro de cotas
8. Certificación da facturación agrupada das empresas asociadas
9. Copia da transferencia da cota de alta
10. Orde de domiciliación bancaria