O Cluster

Selos Clúster

O sector TIC en Galicia está composto maioritariamente por PEMEs e Micro-PEMEs. A necesidade de crecemento, de consolidación e apertura a novos mercados son metas presentes e constantes en cada empresa do sector mais isto só se converterá nunha realidade se conseguimos establecer marcos de colaboración e cooperación entre empresas.

Precisamos xerar confianza e aliñar as capacidades e potencialidades das grandes e pequenas empresas que conforman o sector TIC galego e desde o Clúster marcamos, dentro das liñas estratéxicas, o impulso e respaldo a creación e potenciación de colaboracións empresariais.

Destas premisas xorden estas dúas iniciativas de recoñecemento: o Selo á Empresa Tractora e o Selo ao Proxecto Colaborativo Clúster. Un proxecto que dará merecido respaldo a empresas e proxectos que xeran negocio, melloran a competitividade e axudan ao crecemento empresarial e por tanto á mellora económica de Galicia xunto coa xeración de emprego estable e de calidade.

Todas as empresas socias poden solicitar este recoñecemento, que será válido por anualidades e que se pode renovar, sempre que cumpran cos requisitos establecidos nas súas bases.

O Clúster potenciará e buscará vantaxes para os recoñecidos con este distintivo.

Es Empresa Tractora? Tes un Proxecto Colaborativo?  Mira as bases e solicita o teu selo enviando comunicación a info@clusterticgalicia.com   

=============================================================================
Bases Selo Empresa Tractora

Pretende recoñecer ás empresas dimensionadas que fomenten o crecemento e fortalecemento das Pemes a través da subcontratación. Os principais requisitos para obter dito selo son:

  1. Ser socio do Clúster TIC Galicia e estar ao corrente dos pagos co Clúster.
  2. A cifra de negocios do último exercicio pechado debe superar os 6 millóns de €.
  3. Liderar 3 proxectos diferentes, cando menos, nos últimos 4 anos nos que existiu unha subcontratación a Pemes participantes en ditos proxectos por importe mínimo de 500.000 €.
  4. As PEMEs subcontratadas teñen que ser socias do Clúster TIC, ou cando menos, no momento que se acorde a subcontratación.
Documentación a presentar:
  • Contas anuais rexistradas
  • Contratos de proxectos
  • Facturas das pemes partipantes nos proxectos
  • Declaración das PEMEs da participación no proxecto
=============================================================================
Bases Selo Proxecto Colaborativo Clúster

Recoñece aqueles proxectos cunha inversión arriscada en tecnoloxía e cun potencial diferenciador para abrir novos mercados executado por un grupo de empresas. Os principais requisitos para obter dito selo son:
  1. Calquera tipo de entidade socia pode solicitar o selo (Empresa, Universidade, Centro Tecnolóxico, asociación, etc.)
  2. O consorcio debe estar formado por un mínimo de 3 entidades, que teñen que ser membros do Clúster TIC e estar ao corrente dos pagos co Clúster.
  3. O presuposto mínimo do proxecto debe ser de 500.000
 Documentación a presentar:
  • Informe executivo do proxecto que recolla entre outros un orzamento detallado do proxecto