Noticias

Igape - Igape - Actualidade

Igape, Instituto Galego de Promoción Económica

15-1-2018 Aberto o prazo de inscrición para participar na terceira edición do coworking de Santiago de impulso a proxectos emprendedores

Os interesados en tomar parte nesta aceleradora especializada nas industrias culturais ou tecnolóxicas, impulsada conxuntamente pola Xunta e a EOI, poden formalizar a súa solicitude ata o próximo 10 de febreiro. Contarán con asesoramento e titoría personalizada no espazo habilitado na Cidade da Cultura, onde se aceleraron máis de corenta novos proxectos ao abeiro das dúas edicións anteriores. Na anterior convocatoria desta iniciativa en Santiago os emprendedores apostaron por actividades baseadas nas TIC para empresas de artesanía, o téxtil, recursos didácticos, turismo activo, teatro, ou a industria musical, entre outras.

más información
8-1-2018 A Xunta organiza un ciclo formativo para afondar nas vantaxes dos servizos do programa ReAcciona

Os webinars do programa ReAcciona do Igape levaranse a cabo entre os días 9 de xaneiro e 6 de abril e poderanse seguir vía streamming. As xornadas formativas están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos xestores en empresas de calquera sector. O programa ReAcciona apoia ás Pemes no desenvolvemento de proxectos de mellora en ámbitos de xestión como o financeiro, produción, comercial ou de deseño estratéxico. A nova convocatoria do ReAcciona abrirase á presentación de solicitudes dende o vindeiro 5 de febreiro.

más información
5-1-2018 A Xunta impulsará este ano as exportacións de 300 Pemes galegas a través do Plan Foexga

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou, durante a súa visita á Vermutería de Galicia en Padrón, que a crecente presenza das pequenas e medianas empresas nos mercados exteriores está a ser fundamental para consolidar o crecemento da economía galega e a xeración de emprego. Puxo como exemplo a esta compañía que se acolleu ao plan Foexga para explorar novas oportunidades de negocio no Reino Unido e Suíza, e que xa está presente en quince mercados internacionais. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coas Cámaras de Comercio, proporcionou o pasado ano apoio a preto de 200 empresas a través de máis de 300 accións para que participasen en misións comerciais no estranxeiro ou en feiras internacionais. O plan Foexga complementa os servizos de apoio e as axudas que se achegan a través do Igape, como o programa Galicia Exporta, iniciativas que contribuíron a que as exportacións medrasen un 8,2% nos dez primeiros meses de 2017.

más información
2-1-2018 A Xunta apoia melloras en cociñas e baños de máis de 4.000 fogares a través do programa Reforma 17

O director do Igape, Juan Cividanes, destaca durante a visita á empresa Garciventa, en Vigo, os resultados acadados polo Programa Reforma 17. Obtívose unha facturación inducida que supera os 14 millóns de euros e que se traduce nunha mobilización estimada en máis 28 millóns, tendo en conta a actividade económica xerada no ámbito das reformas e a construción. Colaboran na edición da iniciativa, que agora está a pecharse, 343 empresas con 427 establecementos, un 10% máis ca na edición do ano anterior. A actuación desenvólvese por terceiro ano consecutivo e xa ten facilitado reformas en máis de 11.000 fogares mediante unha mobilización económica próxima aos 80 millóns de euros en facturación por vendas e obras de reforma. O obxectivo, que contempla rebaixas de ata o 40% en produtos e mobiliario, busca estimular a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos que traballan neste ámbito.

más información
2-1-2018 A Xunta activa un plan para a dixitalización de 100 Pemes que xunto co programa de formación 4.0 mobilizará máis de 10M?

O Goberno galego destina preto de 6 millóns en novas axudas para apoiar proxectos de dixitalización do tecido empresarial e impulsar a formación na Industria 4.0 de 1.000 traballadores e mandos intermedios. En 2018 levaranse a cabo catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais, nos que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas. Con estas medidas a Consellería de Economía, Emprego e Industria, favorece os investimentos e a especialización en ámbitos como a robótica, o big data, vehículos autónomos, Internet das cousas ou ciberseguridade.

más información
29-12-2017 A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes do Programa Galicia Inviste ata o próximo 28 de marzo

As axudas poden cubrir ata o 30% de proxectos comprendidos entre os 50.000 e os 900.000 euros. As empresas beneficiarias poderán investir en maquinaria e bens de equipo para ampliar, modernizar ou diversificar a actividade produtiva, así como en obra civil, no caso dos proxectos xeradores de emprego. Este programa de axudas pode complementar os novos instrumentos financeiros innovadores activados pola Xunta para facilitar investimentos tecnolóxicos, no ámbito da Industria 4.0.

más información
22-12-2017 A Xunta activa o programa Galicia Exporta para apoiar a internacionalización de máis de 300 empresas

Mediante liñas específicas dotadas con 6,5 millóns de euros o Igape apoiará proxectos particulares de empresas ou proxectos colectivos coordinados por organismos intermedios empresariais. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 21 de febreiro. Esta iniciativa, con axudas cofinanciadas con fondos Feder que cobren ata o 80% dos gastos, reforza a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 e a axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE para facer das exportacións un motor de emprego e crecemento empresarial. As exportacións galegas medraron máis do 8 por cento no que vai de ano, logo do récord histórico acadado en 2016, ao superar os 20.000 millóns de euros.

más información
16-12-2017 A Xunta salienta a colaboración entre Galicia e Portugal para reforzar o crecemento económico e xerar emprego de calidade

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Viana do Castelo no II Encontro dos investidores da diáspora, onde destacou a firme aposta por atraer cara a Galicia, mediante instrumentos como a Lei de implantación empresarial, novos investimentos innovadores para xerar emprego de calidade. Cividanes subliña que Portugal é un dos principais socios comerciais da Comunidade galega, o segundo mercado tanto en importacións como en exportacións, só por detrás de Francia. Salienta a importancia da colaboración de todos os axentes potenciais, tanto institucionais como empresariais, dentro e fóra de Galicia, para xerar actividade económica e para incrementar as exportacións en mercados de todo o mundo.

 

más información
15-12-2017 A Xunta salienta a aposta das empresas pola Industria 4.0 para mellorar a súa competitividade e internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, destaca na tribuna organizada por Ageinco o compromiso da Xunta por avanzar neste ámbito mediante o desenvolvemento da Axenda-Industria 4.0. con accións que xa beneficiaron a 4.200 compañías. Indica que a Administración galega potencia a transformación da industria galega cara á extensión da fábrica intelixente e conectada. Sinala que os orzamentos do Igape soben nun 18% para 2018 e subliña a activación dos novos IFIs para apoiar investimentos no ámbito 4.0 e no emprendemento innovador.

más información
14-12-2017 A Xunta pon en valor os 19 proxectos do coworking de Celanova pola súa aposta polas TIC e servizos orientados ao territorio

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na localidade ourensá na clausura da aceleradora, onde unha vintena de emprendedores presentaron os plans que desenvolveron na iniciativa que apoia a Xunta coa colaboración da EOI. Salienta que os novos empresarios poden seguir contando cos servizos e liñas de axuda da Administración autonómica. Entre as actividades escollidas polos participantes resaltaron as enfocadas a servizos tecnolóxicos ou educativos, produtos agroalimentarios, deportes, turismo e a organización de eventos.

más información