Novas

Igape - Igape - Actualidade

Igape, Instituto Galego de Promoción Económica

23-5-2019 A Xunta anima ás pemes galegas a apostar pola innovación e a dixitalización para reforzar a súa competitividade

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do encontro empresarial ?Impulsando a innovación en Galicia?. Subliña o compromiso que existe na Comunidade coa transformación dixital e tecnolóxica das pequeñas e medianas empresas. Na xornada, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e F. Iniciativas, representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) tamén informaron das súas liñas de axudas.

máis información
21-5-2019 A Xunta destaca o potencial do sector TIC para mellorar a internacionalización das empresas galegas

O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela as xornadas técnicas con empresas tecnolóxicas latinoamericanas e europeas promovidas polo Clúster TIC. Sinala a boa marcha das vendas ao exterior das empresas do sector. O pasado ano 1679 empresas galegas exportaron aos seis países participantes na misión comercial -Eslovenia, México, Colombia, Chile, Honduras e Nicaragua-, cun valor total de 568 millóns de euros.

máis información
21-5-2019 A Xunta reforza o seu programa de avais para que máis de 200 pemes e autónomos poidan mobilizar 40M? en Galicia

Cun orzamento de 1.125.000 euros, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos ás pequenas e medianas empresas. A nova liña de axudas duplica o límite das operacións financeiras, pasando de 0,5 a 1M?, e amplía as finalidades ás que se pode destinar o apoio achegado, que cobre circulante, investimentos e avais técnicos. Enmárcase no Plan de financiamento que o Goberno galego vén de aprobar para apoiar este ano 800 proxectos de emprendedores e compañías en Galicia.

máis información
20-5-2019 Tres proxectos impulsados pola Xunta, selecionados polo Programa europeo de cooperación transfronteriza España-Portugal

As iniciativas céntranse na transformación do sistema loxístico, a promoción dos sistemas produtivos 4.0 e o fortalecemento da transferencia tecnolóxica entre Galicia e o país luso. Cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros, os tres plans de colaboración están cofinanciados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, entre outras entidades. 

máis información
15-5-2019 A Xunta salienta a aposta pola Industria 4.0 das pemes galegas para fortalecer a súa competitividade e internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron a compañía Industrial Recense onde destacaron que os investimentos 4.0 reforzan o tecido empresarial galego. Cividanes resaltou o compromiso da empresa da construción na dixitalización dos procesos produtivos. Argerey incidiu na aposta pola capacidade innovadora e os investimentos en I+D+i da compañía.

máis información
10-5-2019 A Xunta destaca o impulso da I+D+i nas pemes como clave para avanzar na súa proxección exterior

O director do Igape, Juan Cividanes, visitou hoxe en Santiago as instalacións do grupo Itelsis, onde salientou que as exportacións galegas medraron un 2,8% en febreiro respecto ao mesmo mes de 2018. Sinala a boa marcha das vendas ao exterior das empresas no sector TIC, que ascenderon un 79%.

máis información
9-5-2019 A Xunta salienta a relevancia da colaboración público-privada para impulsar a loxística galega

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe na Cidade da Cultura no acto de constitución do Clúster da Función Loxística de Galicia. Esta nova agrupación empresarial nace da cooperación entre axentes e empresas destacadas na loxística galega e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. A organización, o abastecemento e o transporte de mercancías representa o 3,9% do PIB galego e emprega a preto de 50.000 persoas na nosa Comunidade.

máis información
8-5-2019 A Xunta anima á industria naval a seguir apostando pola innovación para ser competitiva e adaptarse ás necesidades do mercado

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Juan Cividanes interviñeron esta mañá na presentación do Plan estratéxico de I+D+i dos medianos e pequenos estaleiros realizado pola Fundación Soermar. A directora de Gain apuntou que a Xunta seguirá apoiando este sector estratéxico da nosa economía impulsando medidas que incrementen a súa competitividade, a través do aumento da súa intensidade tecnolóxica, diversificación, especialización e innovación. O director do Igape destacou algunhas das medidas que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Axenda 4.0, que impulsa a implantación da industria conectada e a fábrica intelixente en Galicia.

máis información
3-5-2019 Os dous primeiros Hubs de Innovación Dixital de Galicia axudarán ás pemes a avanzar na fábrica intelixente e o big data

A Xunta impulsa os proxectos liderados polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que funcionarán como unha xanela única na que conflúen todos os recursos que os centros de coñecemento ofertan ao tecido empresarial. Este novo modelo de colaboración permitirá ás pequenas e medianas empresas acceder a novos servizos, co obxectivo de facilitar a súa competitividade a través da dixitalización. As iniciativas contan coa participación doutros clústeres, centros tecnolóxicos, grandes empresas tractoras e compañías tecnolóxicas, ademais das universidades. Estes dous polos de innovación centraranse en tecnoloxías punteiras como a internet das cousas, a intelixencia artificial, a computación avanzada, a minaría de datos, a ciberseguridade ou a computación na nube. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), proporcionará axudas económicas de ata 200.000 euros por cada Hub para a súa constitución, así como asesoramento para a súa axeitada articulación. Contarán con infraestruturas tecnolóxicas grazas á convocatoria de espazos industriais compartidos (fab labs) na que traballa o Igape, á que se prevé destinar 16 millóns de euros a executar ata 2022.

máis información
24-4-2019 A Xunta destaca que a colaboración público-privada é a fórmula coa que Galicia pode dar reposta aos retos da Industria 4.0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe na Cidade da Cultura á entrega da terceira edición dos Premios Industria 4.0. Resultaron galardoados seis proxectos, liderados por outros tantos clústeres e coa participación de medio centenar de empresas, relacionados con sectores estratéxicos de Galicia como a automoción, o naval, o aeronáutico, o alimentario, a madeira ou a pedra natural.

máis información