Información sobre novas tecnoloxías en Galicia e en galego.

Como adianto
do que amosarán na feira E3, Activision e Bungie traballaron co director Jon
Favreau (responsable das dúas primeiras películas de Iron Man) e o actor Giancarlo Esposito (actualmente na serie Revolution) para crear un novo trailer
do prometedor xogo Destiny titulado A lei da selva, no que presentan unha
liña de acción e aventuras no universo épico no que vai desenvolverse o
prometedor xogo en liña do que se darán máis detalles durante a conferencia de
Sony o vindeiro 10 de xuño.

O
vigués Enrique
Pascual González-Babé, vén
de ser nomeado director executivo (CEO) da axencia madrileña de
comunicación e relacións públicas Indie
PR & Digital, centrada
en boa medida en achegar servizos aos sectores das telecomunicacións,
alimentación ou novas tecnoloxías. Dende o seu novo cargo,
González-Babé liderará de xeito íntegro a área de asesoramento
estratéxico e relacións públicas da compañía a nivel nacional,
encargándose polo tanto de aplicar novas fórmulas creativas de
comunicación ou deseñar os plans de medre e espallamento de Indie
PR no mercado global. En opinión do profesional galego, ?o
reto consiste en romper os modelos comunicativos tradicionais e
integrar nun único concepto comunicativo a parte offline, a de toda
a vida, co novo ecosistema de redes sociais e blogs?.
O acceso a financiamento de empresas e proxectos emprendedores relacionados coa Rede será un proceso máis doado a partir de agora, pois a rede universitaria iberoamericana RedEmprendia (presidida polo profesor da USC Senén Barro Ameneiro) vén de asinar un convenio marco con ENISA (Empresa Nacional de Innovación SA) de cara a favorecer a realidade destas achegas. Así, con esta unión quérese acadar un meirande uso do préstamo participativo de ENISA (empresa pública do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo), dito doutro xeito: un instrumento de financiamento a medio camiño entre o préstamo tradicional e o capital risco, entre as empresas científico-investigadoras xurdidas do ámbito universitario.
máis información

A
empresa galega de
consultoría e deseño de enxeñaría dixital para as vendas,
Redegal,
vén de informar da súa nova achega de cara ao desenvolvemento de
comercio electrónico, estamos a falar da tenda online
de Naffta by
Naxxai, marca de roupa deportiva feminina.
Emporiso, a nova web de Nafta perfeccionou os seus contidos, a súa
navegación, a visibilidade do mesmo, amais de facer máis doado o
acceso de cara aos dispositivos móbiles. A renovada web posta en
marcha por Redegal diríxese tamén a
contribuír a unha mellora no proceso de
compra, xa que a navegación polo site
é moito máis sinxela e rápida.

HTC
anunciou hoxe un novo móbil de gama media, o HTC Desire 600 dual
sim, o primeiro smartphone da compañía nesta categoría en integrar HTC
Sense 5, HTC BlinkFeed e HTC BoomSound, prestacións que xa podían verse no
HTC One e que agora chegan a este terminal máis modesto, aínda que tampouco
falamos dun dispositivo de baixas prestacións, pois o novo smartphone funciona
cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM e
8 Gb de almacenamento interno.

Xa
se albisca, e cada vez máis preto, o
congreso Ibercom 2013, un evento que se ben non se centra de
xeito exclusivo na natureza das novas tecnoloxías da información e
nas redes sociais, si que avalía o impacto mundial dalgunha das súas
principais consecuencias, como por exemplo o acontecido nos últimos
anos nos países do Norte de África e Oriente Próximo, procesos de
apertura democrática esixidos e fortalecidos, en boa maneira, a
través das ferramentas e servizos dixitais máis populares. Falamos
do que se coñece como Primavera Árabe. O congreso, que se vai
celebrar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago entre
o día 29 e o 31 de maio, centrarase polo tanto en avaliar ?a
importancia dos medios para a democracia e os cambios sociais?.
Segundo avanza a organización, a cita reunirá a máis de 700
investigadores do eido internacional.
Windows
8 está a ser un motor para a innovación nos equipos informáticos, que poden
agora adoptar formatos inéditos e presentar propostas curiosas das que aínda
queda por ver se existe unha demanda real, e nesta liña HP vén de presentar o Envy
Rove 20, unha especie de tablet de escritorio, con pantalla de 20 polgadas,
batería cunha autonomía de ata 4 horas e unha peaña que facilita a súa
colocación en distintas posicións (para facer cómodo o seu os como tablet ou
como se fose un ordenador todo-en-un).

Finalmente
as previsións de Samsung cumpríronse e hoxe anuncian que o seu GALAXY S4 conseguiu
superar os 10 millóns de unidades vendidas a menos dun mes do seu lanzamento
comercial, estimando o fabricante que o seu novo móbil estrela está a
vender a razón de 4 unidades por segundo. Deste xeito o GALAXY S4 converteríase
no smartphone que máis rápido vendeu na historia da compañía surcoreana,
superando amplamente os 50 días que tardou en chegar aos 10 millóns o GALAXY S
III, os 5 meses que tardou o GALAXY S II e os 7 meses do GALAXY S.

O concurso organizado
no Facebook por Heredeiros da Crus para regalar entradas para o
concerto deste venres en Ordes, deixándoas agochadas en varios
puntos das cidades galegas, xa obtivo finalmente os seus gañadores.
E ademais, en palabras dos organizadores (Airapro), ?foi todo un
éxito?. O certame, como lembraremos, levouse a cabo o martes
desta semana, manténdose comunicación cos seareiros a través da
dita rede social (e tamén de Twitter), onde se lles ofrecían datos
e imaxes para facilitarlles a localización exacta dos sobres con
dúas entradas. Os pases, 12 en total, fóronse agochando desde o
mediodía até preto da medianoite en Lugo, Ourense, Vigo, Ribeira,
Compostela e A Coruña.

O eido informativo na nosa lingua, ligado á Rede,
segue a reforzarse este ano con novas temáticas e obxectivos. Entre os
responsábeis disto atopamos a xente como os responsábeis da posta
en marcha da canle Equipaxe
de Man, medio na nosa lingua especializado en viaxes por todo
o mundo, cunha óptica do máis interesante (non deixando nada por
descubrir, non desprezando países nin lugares fóra das rutas
convencionais que impoñen as axencias de viaxes, reivindicando tamén
o noso, achegando alternativas ao turismo cego e disfuncional de
resorts e complexos de luxo).

A
Deputación de Lugo deu a coñecer onte unha nova aplicación móbil de balde
para permitir que os veciños da provincia poidan notificar dun xeito rápido e
sinxelo calquera incidencia ocorrida en instalacións e vías públicas, tanto de
titularidade do propio organismo lugués como dos 67 concellos da provincia.
A nova ferramenta móbil está xa dispoñible na
App Store e en
Google Play, e tamén facilita a inscrición en actividades e cursos
organizados pola institución provincial e consultar as últimas novas da
entidade e acceder ás redes sociais nas que está presente.

O
Parque
Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)
presentou esta semana unha interesante iniciativa para a nosa
mocidade que xunta e harmoniza dous conceptos sobre o papel
contrapostos (aínda que non sempre): formación e lecer. Asemade,
habería que engadir un terceiro ingrediente: orixinalidade. E tanto
que é así, xa que segundo a dirección do complexo empresarial, os
Tecnópole
Technological Workshops
(T2W), así se fan chamar estas actividades, representan case os
primeiros campamentos tecnolóxicos de verán que se celebran na nosa
terra.

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe unha resolución (dispoñible
en formato PDF) da Dirección Xeral do Centro
Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC)
pola que se anuncia a contratación do servizo consistente na análise, deseño,
desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades e na actualización
continua no sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF) co
financiado con cargo ao programa FEDER Galicia 2007-2013 nun 80% e ao Fondo de
Compensación Interterritorial (FCI) no 20% restante.

A
innovación hai que coidala, darlle acubillo e permitirlle que medre
libremente. En contra do que se pode pensar, este é un labor
colectivo, non só de investigadores, novos empresarios ou
desenvolvedores de tecnoloxías. As administracións, por suposto,
deben implicarse ao máximo (co fin de axudarlle á nosa terra a saír
da focha produtiva causada, en boa medida, pola falta absoluta de
innovación e creatividade empresarial), e tamén a cidadanía. Na
liña de difundir o valor disto en tódolos eidos da sociedade
galega, AXIGA (Asociación de Xestores de Innovación de Galicia)
anunciou esta semana que vai levar a cabo unha cumprida serie de
actividades de divulgación e promoción ao longo de 2013, en
boa medida ao abeiro da campaña
Porque
a innovación somos todos.

Hai 2 meses o xogo multi-plataforma Apalabrados da compañía
arxentina Etermax estreaba a opción de xogar a formar palabras en galego,
posibilidade recibida con moita alegría na nosa comunidade, aínda que cun
atranco na xogabilidade provocada polo feito de que certas letras alleas á nosa
lingua aparecen no dicionario para a súa incorporación en estranxeirismos como jazz, jeep, yin, yang ou windsurf, polo que no reparto de fichas incluíanse esas letras,
dificultando considerablemente a formación de palabras, o que vén de ser
corrixido hoxe mesmo.

Ao remate de
cada ano podiamos facer un repaso das tendencias na Rede grazas á publicación
dun Zeitgeist por parte de Google,
pero agora esta listaxe das persoas, lugares e cousas máis buscadas en
distintas categorías deixa de ter unha periodicidade anual e preséntase
mensualmente nunhas Tendencias de busca que
polo momento só presentan os resultados para EE.UU. (o resto de países chegarán
en breve) nunhas táboas moi atractivas visualmente que facilita afondar en cada
categoría e que amosa tanto os elementos con mellor clasificación como as
buscas máis populares (neste caso, no último día).

Durante unha
visita ás instalacións da empresa compostelá de telecomunicacións Televés, o
director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, avaliou
as súas posibilidades de cooperación ou alianza tecnolóxica con compañías
doutros sectores, que demanden aplicacións electrónicas para mellorar os
seus produtos ou servizos para gañar competitividade.
Aguilera
trasladou aos directivos de Televés as demandas recibidas a través de varios
clústers de empresas galegas, que teñen detectada a necesidade de incorporar ás
súas cadeas de produción compoñentes tecnolóxicos de alto valor engadido.

A curiosa fórmula de venda de videoxogos promovida por The
Humble Bundle, que permite ao usuario final elixir tanto o prezo que paga polos
xogos como o reparto que se fai dos cartos entre os seus desenvolvedores, a
caridade e os organizadores desta plataforma, continúa a achegar abraiantes
ofertas como a que veñen a integrar na súa serie de ofertas semanais e que
permite facerse con Alan Wake: Collector's Edition,
lote de 2 xogos valorados de xeito independente en 37,99 euros (31,99 euros de
adquirise xuntos) por un prezo libre que parta de só 1 dólar.

Pensando no
seu uso nas aulas, Logitech deseñou un novo
teclado para iPad, que para evitar o problema de ter que andar
sincronizándose con distintos tablets (ou un tablet con distintos teclados)
opta por unha solución máis doada: conectarse ao tablet de Apple a través de
cable, integrando conector tanto de 30 pins como Lightning. Deste xeito, os
estudantes só terían que conectalo ao iPad para poder teclear coa comodidade,
facendo o tablet máis axeitado para usos de produtividade.

Esta mañá Vodafone celebrou na Coruña unha xornada para dar
a coñecer a profesionais locais algúns dos servizos da compañía de telefonía
para a xestión de flotas de dispositivos móbiles, centrándose especialmente en Vodafone
Secure Device Manager (VSDM) nunha presentación que correu da man de Beatriz
Rey, xefa de produto de solucións na nube de Vodafone.
Con esta exposición de posibilidades quedou claro que o control de flotas de dispositivos
móbiles xa non está monopolizada por BlackBerry, e cada vez hai máis e mellores
servizos para atender ás necesidades da empresa.

A
tenda de aplicacións de Windows Phone viviu hoxe unha xornada moi movida,
con varios xogos de Electronic Arts que deixaron de ser exclusivos para
terminais de Nokia e con algunhas importantes novidades dentro desta primicia
da familia Lumia. Os xogos que agora pasan a estar dispoñibles para todo
usuario de Windows Phone por 2,99 euros cada un serían Parking
Mania, The
Game of Life, SPY
Mouse e Trivial
Pursuit, mentres que os títulos que en primicia para móbiles Lumia son Real
Racing 2 a un prezo de 4,99 euros, Tiger
Woods 12 (2,99 euros), NBA
JAM (2,99 euros) e Mass
Effect: Infiltrator (6,49 euros).

Dende
a Deputación de Lugo informan da apertura do prazo (do 21 de maio ao
4 de xuño) para participar de balde no evento de redes sociais
InLugo,
un congreso que reunirá ao máis salientábel da Internet os días 7
e 8 de xuño. Aqueles que desexen acudir a este encontro
poden inscribirse na web do
organismo provincial ou na propia da
iniciativa InLugo até completar o aforo por orde de entrada das
solicitudes.

O Colexio Oficial de
Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) conmemorou o Día
Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (o
pasado 17 de maio) con varias iniciativas a ter en conta, algunha das
cales xa reflectimos en Código Cero (o
manifesto e o número especial de A Nosa Rede,
amais
do foro celebrado con INEO). Pois ben, houbo aínda máis. De
feito, este mércores a entidade profesional galega informounos dunha
iniciativa de seu que permitiu que a nosa lingua fose incluída no
máis alto nivel de celebración mundial da devandita festividade
(que, cómpre relembralo, coincide co Día de Internet e Día das
Letras Galegas). Isto conseguiuse a través da incorporación do
galego ao póster oficial que lle serviu á Unión
Internacional de Telecomunicacións (UIT) para conmemorar a festa das
redes. Deste xeito, a nosa lingua compartiu espazo con seis
idiomas de gran difusión.

Amais de pola
posta en marcha dunha web de formación específica para directivos,
o grupo galego Femxa está
estes días de actualidade por mor do
lanzamento dun videoxogo-simulador encamiñado a evitar situacións
laborais de risco no mar. Máis polo miúdo, estamos ante unha
aplicación que é quen de emular, con tecnoloxía 3D, o día a día
dos traballadores dun buque, centrándose en emprazar ao usuario ante
acontecementos posíbeis coma un incendio ou unha caída ao mar. A
achega de Femxa (Simulador 3D de vida a bordo para
formación en Prevención de Riscos Laborais), reproduce as
situacións cotiás dun barco arrastreiro conxelador, para axudar a
identificar perigos e actuar da maneira correcta, no caso de que se
produzan catástrofes no seu seo.

A entidade pública
empresarial Red.es, en colaboración
con trece Comunidades e Cidades Autónomas (entre as que se conta a
nosa), investirá
5,1 millóns de euros no fornecemento de solucións tecnolóxicas
para que hoteis e aloxamentos de turismo rural ?poidan optimizar
a súa produtividade e mellorar a comercialización da súa oferta?.
Este volume de axudas, anunciadas onte en Granada, beneficiarían,
segundo informou o Goberno, a máis de 800 empresas.

Entre os días 16 e 19 de
xullo desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría
(ETSE) o curso de verán Big
Data & Data Science, organizado polo CiTIUS e dirixido polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela adscritos
ao devandito centro Tomás Fernández Pena e José Ramón Ríos
Viqueira. A actividade formativa, informa
o centro CiTIUS da USC, artéllase nunha serie de conferencias,
mesas redondas e obradoiros para abordar o presente e o futuro dos
sistemas e estruturas destinados a acubillar inxentes cantidades de
información científica.

Non só hai novas
tecnoloxías da comunicación para mellorar a comunicación entre
persoas. Hainas que melloran a conexión entre as persoas e os seus
vehículos, facilitando a localización destes e, tamén, impedindo o
seu extravío ou a revenda a través de mans alleas. Nesta liña
insírese a tecnoloxía gañadora do novo Premio á Mellor Idea da
revista Actualidade Económica na
categoría de Motor (a
listaxe en pdf),
unha aplicación, de nome Detector
OnBike, que contribúe non só a frear a vaga de roubos de motos
e outros vehículos semellantes (bicicletas eléctricas, bicicletas
convencionais) senón tamén, segundo indican os responsábeis do se
desenvolvemento, a ?salvar as vidas dos condutores?.

A compañía chinesa
Huawei, unha das maiores
fabricantes de equipos de telecomunicacións do mundo, presentou este
martes 21 de maio en Santiago de Compostela, da man do seu socio
tecnolóxico Coremain, o seu
escenario móbil para dar a coñecer a súa visión conxunta sobre o
noso xeito de traballar (tecnoloxicamente) o día de mañá. Tal
e como avanzamos en Código Cero, tratouse dunha oficina
itinerante acubillada nun camión colector de grandes
dimensións, aberto ao público durante toda a xornada ao carón do
Pazo de Congresos e Exposicións, en San Lázaro. O seu interior, en
palabras de Coremain, ?simulaba unha gran oficina
intelixente coas últimas novidades en aplicacións e dispositivos,
que farán posible o posto de traballo do futuro?.

Para
quen ande á procura de canles para obter financiamento de cara á
empresa de seu, dicirlle que este xoves 23 de maio, o Centro
Demostrador TIC acolle unha sesión informativa sobre as axudas
estatais a proxectos innovadores no sector tecnolóxico-dixital. A
cita, na que se fará fincapé nos incentivos actuais do Ministerio
de Industria, contará coa presenza da subdirectora
xeral de Fomento da Sociedade da Información do Ministerio, Mª
Ángeles Barragán
Zorrilla, e a directora da área de Sociedade Dixital da Axencia para
a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),
Yolanda García. Ámbalas
dúas
explicarán os requirimentos das axudas aos empresarios do sector
tecnolóxico e doutros sectores produtivos así como a representantes
de cámaras de comercio, colexios profesionais, asociacións
empresariais e de autónomos.

O Grupo Femxa informa
dende a súa sede de Vigo dunha nova iniciativa web para facilitar a
formación e a achega de habilidades aos nosos directivos,
fornecéndoos en liña dos coñecementos específicos que precisan. O
portal en cuestión, visiondirectiva.apd.es,
é froito dun acordo de colaboración formalizado entre Femxa e a
Asociación para o Progreso da Dirección (APD), un acordo que xurdiu
co de que os empresarios e altos cargos de todo o Estado poidan
conseguir de maneira rápida e cómoda as capacidades que demandan
para acadar o éxito nos seus negocios. Baséase polo tanto en algo
tan simple e á vez fundamental como achegar formación
especializada.

A
Asociación de Alumnos da Escola de Negocios da Fundación
Novacaixagalicia presentou
esta semana, na súa sede de Vigo a
publicación De
Twitter al cielo, un
libro que, como o seu nome indica, diríxese a a pór de relevo as
múltiples posibilidades da redes social no camiño da promoción e a
comunicación, persoal ou empresarial, unha iniciativa ou dun produto
concreto. Ou sexa, as múltiples posibilidades de acadarmos a
excelencia a través de Twitter. Na presentación, que veu acompañada
dun obradoiro a cargo do co-autor da obra Óscar del Santo (un
obradoiro para pór en práctica os consellos recollidos na
publicación), fíxose fincapé nunha vantaxe incontestábel: que
Twitter ten un auditorio, e non precisamente pequeno. De feito, só
en España, hai máis de cinco millóns de persoas tirándolle
partido. Por
certo que hoxe preséntase tamén na Coruña.

O vindeiro 2 de xuño Bueu acollerá a segunda edición do
Festival Social Media de Galicia coñecido como MexilOnseTuits, que ten como
eixe principal unha entrega de premios en distintas categorías ás que
concorreron numerosos proxectos (máis dun cento) que serven de testemuño do
activo que está o sector das redes sociais e a Internet na nosa comunidade.
Unha vez avaliadas as propostas por parte dun xurado profesional e da organización
do Festival están en disposición de dar a coñecer os finalistas
das distintas categorías, de xeito que haberá que agardar á celebración desta
festa sectorial no Morrazo dentro de menos de dúas semanas.

Tras un período en probas de tres meses o navegador
web Opera estrea versión final para móbiles Android, procurando achegar un
acceso aos contidos da Internet dun xeito máis doado e veloz que outros
navegadores. Esta aplicación está
dispoñible de balde en Google Play, goza dunha interface redeseñada cunhas
cores máis luminosas e buscando un uso máis intuitivo e presume dunha
funcionalidade de descubrimento de contidos, pois cun simple xesto facilita o acceso
a novas de interese das categorías que o usuario decida.

Esta tarde Microsoft celebrou o seu evento #XboxReveal, co
que buscaban dar a coñecer a nova xeración da súa consola de videoxogos, que
finalmente non responderá a nomes rumoreados como Xbox 720 ou Xbox Infinity,
senón que coñecerase
simplemente como Xbox One, propóndose non só como un dispositivo para
xogar, senón tamén como un centro de lecer electrónico, avanzando na mesma
dirección na que tan bos resultados deu a Xbox 360.
A nova consola chegará ao mercado finais de ano, polo que durante os vindeiros
meses iremos coñecendo moitos máis detalles da nova plataforma de Microsoft,
comezando pola feira E3 que terá lugar o mes que vén.

Esta semana a pontevedresa Smiling Goblin e a coruñesa Gato Salvaje, compañías dedicadas
á elaboración de videoxogos, asinaron un acordo
de colaboración que abre as portas do vindeiro videoxogo da saga Krynea,
unha aventura gráfica que xurdirá froito da colaboración de ambas casas e
pretende ver a luz en 2014.
As compañías galegas buscarán cadrar as súas axendas de desenvolvemento a
finais de ano, procurando dar un pulo ao sector dos videoxogos clásicos,
aumentando a súa competitividade fronte a grandes produtoras internacionais.

A Xunta e máis de 200 axentes do Sistema Galego de
Innovación están
a consensuar os obxectivos da innovación galega ata 2020, unha estratexia
da que depende a captación de ata 1.200 millóns de euros de fondos FEDER da
Unión Europea entre 2014 e 2020. O Conselleiro de Economía e Industria,
Francisco Conde, presentou hoxe os primeiros resultados desa colaboración, un
traballo que servirá para elaborar a Estratexia de Especialización Intelixente
de Galicia (RIS3), que debe presentarse este verán ante a Unión Europea.

A aplicación de HERE
Maps actualízase para incorporar LiveSight, unha tecnoloxía anunciada
xa na presentación de HERE o ano pasado, e que suporía a aplicación da realidade
aumentada aos mapas de Nokia cunha precisión que nalgunhas cidades supera a
todo o que vimos antes por proxectar a capa gráfica sobre a realidade partindo
dun modelo tridimensional da rúa pola que nos estamos a mover.

Os Heredeiros da Crus
volven á vida, e fano botando man dunha serie de cousas tecnolóxicas
a ter en conta. De feito, os integrantes do xa mítico grupo de
Ribeira queren seguir estando onde están os seareiros do rock
galego, cantado en galego, por moito que estes seareiros tamén
estean agora, co paso do tempo, afianzados firmemente nas redes
sociais. Deste diálogo xorde precisamente o
concurso convocado polos Heredeiros no
seu Facebook con tres obxectivos fundamentais: promover o novo
traballo do grupo, convidar aos seus seguidores a xogar e interactuar
con eles a través da dita rede social e, tamén, agasallar entradas
de balde por toda a xeografía galega.

No
vieiro de promover a nova obra de Xosé Carlos Caneiro, A
máscara de Ulises,
a Editorial Galaxia
habilitou na web de seu a posibilidade de descargarmos un dos seus
relatos, máis polo miúdo A
última memoria de Oliverio Twist.
Segundo informa o selo galego, os internautas poderán facerse con
este relato en liña, totalmente de balde, dende o apartado
específico do
O libro do mes.
O conto, engade Galaxia, serve de mostra da nova obra Caneiro, que
escolma por vez primeira algúns dos seus máis salientábeis
traballos breves.

O foro convocado este
luns en Santiago por INEO, CENTAC e o COETG serviu entre outras
cousas para complementar e visualizar un acordo estratéxico, de gran
importancia, para o desenvolvemento futuro das Cidades Intelixentes,
concretamente para a súa materialización como cidades accesíbeis
tecnoloxicamente (doutro xeito, non serían intelixentes) nas que
ninguén fique fóra das vantaxes e potencialidades da Sociedade do
Coñecemento. Segundo
informa a asociación INEO e segundo
avanzamos onte en Código Cero trala celebración do foro,
minutos antes deste evento tivo lugar no CNTG de Santiago a
formalización dun convenio entre a dita asociación galega e máis o
Centro Nacional de Tecnoloxía da Accesibilidade (CENTAC).

A empresa galega 2Mares
informa que estará estes días na nova edición (a novena) dun dos
principais escaparates estatais de novas tecnoloxías, metodoloxías
e modelos de comunicación e atención co cliente empresarial: o
Salón
Expocontact´13, que se celebra os días 22 e 23 de maio en
Madrid. Ao seu acubillo, 2Mares participará co relatorio Tres
sorpresas ao analizar as conversas de extremo a extremo, a cargo
de Enrique de Miguel iLarri, responsábel da empresa galega. Asemade,
tamén ten previsto participar na mesa redonda Redes sociais e
ferramentas 2.0 na xestión para o cliente do futuro, xunto a
outros profesionais da innovación ao servizo da xestión dos
clientes nas diferentes comunidades e servizos de Internet.

O mes
que vén chega ao mercado o scanner portátil IRIScan Book 3 en dous
modelos, un básico (por 99 euros) e outro Executive (por 129 euros), destacando este
último por contar con conectividade Wi-Fi, o que facilita tanto a subida dos documentos
dixitalizados á nube (a servizos como Dropbox, Evernote, Google Drive...) con
só premer un botón como transferir documentos a outros dispositivos cos que se
comunica sen fíos e incluso empregarse dende dispositivos móbiles a través
dunha aplicación
de balde dispoñible para Android e para iOS,
facilitando así o levar os nosos documentos escaneados
a calquera parte.
España segue a ostentar a dubidosa honra de estar entre os países que máis merda acubillan e mandan por correo electrónico, co agravante de que este lixo non é só lixo que poidas coller e botar á papeleira, non, do que se trata é de tentar, unha vez tras outra, que os internautas abran a súa carteira logo de ensarillalos con todo tipo de calotes en liña, decote de tipo bancario (phishing). En definitiva, que o país continúa a ocupar a cabeza dos máis phishers do mundo (a día de hoxe no posto 12), e xa son moitos anos ocupando os primeiros chanzos desta listaxe (en Código Cero xa o levamos reflectindo dende 2006). Así o reflicte o último informe de correo lixo en 2013 de Kaspersky Lab.
máis información

A Comisión do Mercado da Telecomunicacións (CMT) publicou
hoxe a súa nota mensual relativa ao mes de marzo (dispoñible
en formato PDF), na que fan balance do sector das telecomunicacións en
España, continuando a rexistrar unha forte caída no número de liñas móbiles
(312.675) provocada principalmente polo descenso de liñas de prepagamento e
correspondendo principalmente a Movistar e Vodafone (mentres que os Operadores
Móbiles Virtuais continúan a gañar peso).

A
Consellería de Economía, a través do IGAPE,
vai
organizar o vindeiro 28 de maio unha xornada que colle de preto a
calquera dos nosos profesionais que teña proxectado, a curto ou
medio prazo, pór en marcha unha iniciativa tecnolóxico-dixital de
mercado. Falamos da nova edición do Día
do Emprendedor de Galicia, unha iniciativa de tipo xenérico que,
porén, inclúe no seu programa certos recursos e achegas de
asesoramento para materializar proxectos tecnolóxicos. De feito, no
programa interveñen a axencia AMTEGA,
Blusens ou WeKAb (responsábel
do portal de servizos para a formación WeKCo).
A nivel xeral, o obxectivo da xornada é subministrar
a emprendedores e novos empresarios habilidades e recursos para
afianzárense no mercado.

A cadea de tendas de electrónica de consumo, Worten, con
presenza en Vigo e A Coruña, estrea
un servizo de liberación de móbil por IMEI, de xeito que practicamente
calquera terminal adquirido a través dun operador español pode desligarse da
súa compañía mediante un código de desbloqueo que non afecta á súa garantía nin
ao seu funcionamento, aínda que a recepción de tal código pode levar dende uns
poucos minutos ata un par de días segundo o caso.
encargouse de dar a coñecer os cambios en Flickr" title="Marissa Mayer encargouse de dar a coñecer os cambios en Flickr" style='max-width:100%; padding:4px;display: block; margin-right: auto; margin-left: auto;clear:both;' />
Aínda que a compra de Tumblr
por parte de Yahoo! fose unha das novas da xornada de onte, a compañía
dirixida por Marissa Mayer non quixo desaproveitar a ocasión de ter os focos
sobre a mesma para dar organizar un evento para os medios
de comunicación en New York no que sorprender anunciando a renovación do
seu servizo de imaxes, que levaba varios anos perdendo pulo. O servizo de
Flickr non só muda
a súa aparencia facéndoa moito máis visual (maximizando o espazo que ocupan
as imaxes), senón que tamén muda de modelo de negocio drasticamente, ofrecendo
1 Tb de almacenamento para fotografías totalmente de balde (permitindo a
posibilidade de pagar para evitar a publicidade no servizo ou para contar cun
almacenamento aínda maior).

Telefónica Dixital vén
de ser recoñecida (pdf) como un dos líderes mundiais na Provisión de
Servizos de Comunicación (CSP polas súas siglas en inglés), M2M,
por dúas firmas de analistas da industria. Analysys Mason, no seu
2013 M2M Scorecard, empraza a Telefónica na escolma de iconas
do sector mundial especializadas no dita tecnoloxía. Doutra banda,
no seu estudo comparativo anual, Machina Research salienta que
?Telefónica é a empresa que máis fixo durante os últimos 12
meses para reforzar a súa posición en M2M?.

A compañía santiaguesa
Coremain e o seu socio
tecnolóxico Huawei veñen de
desprazar a Compostela unha sede conxunta transportábel co obxectivo
de dar a coñecer os froitos e posibilidades do seu traballo recente,
achegando o resultado da suma de cadansúa experiencia no ámbito
TIC. En realidade, trátase dunha Oficina Móbil Intelixente,
equipada para dar conta polo miúdo das últimas novidades en
aplicacións e dispositivos que, en palabras de Coremain e a chinesa
Huawei, ?farán posible o posto de traballo do futuro?.