Noticias

RSS do Portal da Xunta de Galicia

Novas da Xunta

20-4-2018 Feijóo destaca a importancia da formación para poder pensar en liberdade e anima á mocidade a seguir facendo de Galicia unha sociedade máis aberta

Afirma que, nese camiño, sempre contarán co compromiso da Xunta: mantendo as taxas universitarias máis baixas de España e reforzando a aposta pola investigación, pola innovación e polo emprendemento

más información
20-4-2018 A Xunta apoia un modelo educativo que promova a equidade entre mulleres e homes

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta tarde na inauguración das VI Xornadas de centros para unha convivencia positiva no IES Fontexería de Muros

más información
20-4-2018 Cultura convocará un novo premio de investigación para conmemorar a figura de Otero Pedrayo

O conselleiro, Román Rodríguez, anunciouno esta tarde no marco do simposio ‘Otero en Compostela: os anos máis felices’

más información
20-4-2018 O programa de dinamización lingüística ?FalaRedes? homenaxea a María Victoria Moreno

Faino coa proposta Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, de Matrioshka Teatro, que bota a andar hoxe cunha función especial no IES de Vilalonga, onde a escritora deu clase

A sesión de estrea asistiu o secretario xeral de Política Lingüística
 

más información
20-4-2018 Míguez presenta a chegada do mundial de Enduro a Galicia como un evento que posicionará á nosa comunidade como ?centro do deporte do máximo nivel e destino turístico e deportivo?

A segunda proba do Campionato Mundial de Enduro celebrarase en Santiago de Compostela entre o 27 e o 29 de abril, tras recoller o relevo de Finlandia

más información
20-4-2018 Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro

12.000 marcapáxinas que animan á lectura e ofrecen un dominio .gal por só 15 € chegarán entre o 23 de abril e o 31 de agosto a case duascentas librarías e a todas as feiras do libro de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá en Ferrol na presentación desta iniciativa na que se implicaron tamén a Federación de Librarías de Galicia e o IES Leixa, cuxo alumnado deseñou os marcapáxinas
 

más información
20-4-2018 A Xunta aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda tomou a iniciativa para desbloquear un problema que se prolongaba no tempo e busca apoiar a continuidade e futuro dunha das empreses máis importantes da comarca

más información
20-4-2018 A Xunta lamenta que o concello de Vigo rexeitase a colaboración autonómica para impulsar un autobús urbano a Peinador máis útil e atractivo para os cidadáns

O Executivo autonómico, para facilitar unha correcta accesibilidade en transporte público ao aeroporto de Peinador, brindoulle ao Concello a súa cooperación técnica e económica a prol dunha mellora liña municipal

A Xunta ofreceu asinar un acordo para achegar o mesmo importe que destina a reforzar o autobús Santiago- Lavacolla, tendo en conta que esta é unha liña interurbana de competencia autonómica fronte á de Vigo, que é local

O Concello de Vigo plantexaba que a liña tivese un prezo único de 2 euros, resultando máis caro que o billete sen bonificar do resto dos Vitrasa, polo que esta postura non reflicte unha aposta real por mellorar a liña co aeroporto
 

más información
20-4-2018 Feijóo louva o esforzo compartido dos municipios para facilitar investimentos e destaca que nos vindeiros meses 1 de cada 3 será Concello Emprendedor

Salienta que ter esta distinción significa compartir coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica

“Supón, en definitiva, responder ás necesidades do tecido produtivo con menos trabas burocráticas, máis incentivos fiscais e máis facilidades para a adquisición de solo industrial, para que iso se traduza en riqueza e emprego”, abunda

“Todos somos axentes económicos; todos temos responsabilidade na marcha da economía: os traballadores, a clave fundamental; os emprendedores e todas as administracións públicas, locais, autonómica e estatal”, di

Incide en que Galicia conta con “313 oportunidades para dar unha mensaxe a todos os emprendedores que están mirando onde poñerse e crecer”

Lembra que os concellos emprendedores terán prioridade nas diferentes axudas que a Xunta aprobe en materias como o emprego, o desenvolvemento de parques e viveiros empresariais ou a modernización do comercio local

Asevera que os últimos datos de exportacións constatan a necesidade de seguir por esta senda: no mes de febreiro as exportacións galegas creceron un 5,1% con respecto ao ano pasado, máis do dobre que en España

más información
20-4-2018 A Xunta e os concellos da área de Ferrol acordan por unanimidade a renovación do Plan de transporte metropolitano, que en 2017 rexistrou máis de 2,3 millóns de viaxes, un 2 % máis que o ano anterior

Vázquez Mourelle indica que esta prórroga garante a continuidade un ano máis dun plan social que lle permite aos usuarios descontos no billete de ata o 70% e un aforro anual de ata 900 euros aos viaxeiros frecuentes

Sinala que se rexistra unha evolución positiva na utilización da tarxeta de Transporte Metropolitano, que xa supón 3 de cada 4 viaxes, o que supón que este plan cada vez ten unha maior acollida por parte dos usuarios

Destaca que un total de 333.000 viaxes realizadas en 2017 foron totalmente gratuítas, xa que se pagaron coa Tarxeta Xente Nova

Trasladoulles aos concellos da área que a Xunta está a ultimar a redacción do documento base do Plan de transporte público de Galicia, que sairá a información pública neste mes

Indícalle ao Concello de Ferrol que este é o momento máis acaído para que active o transporte urbano, que ten a obriga de prestar, e que permitiría dar mellores solucións aos cidadáns

Resalta que con traballo conxunto, coa responsabilidade e colaboración de todos, se poderá acadar un sistema de transporte máis sostible, con maior cobertura e máis adaptado ao que demandan os veciños

más información
20-4-2018 Os concellos galegos xa poden solicitar as axudas para a protección e coidado de animais abandonados

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destaca que o Diario Oficial de Galicia vén de publicar esta orde de axudas, como aplicación da nova Lei de benestar animal

Beatriz Mato sinala que é necesario establecer un período de adaptación para a implantación dunha normativa, pero os datos do Regiac son unha mostra dos beneficios de dita normativa ao incrementar nun 172% o número de altas

Recorda que un dos obxectivos é conseguir que Galicia sexa unha comunidade con sacrificio cero e libre de maltrato en todas as súas vertentes
 

más información
20-4-2018 Ethel Vázquez anuncia o remate para antes de finais de ano da pasarela e a senda entre Agrela e Marineda, que permitirá unha conexión máis segura do eixo industrial e comercial da Coruña coa cidade

Salienta que a intervención reforzará a seguridade viaria e a mellora da mobilidade peonil, favorecendo a circulación viaria e o transporte público, nunha das zonas especialmente transitada polos veciños e traballadores

A intervención, nos primeiros metros da AC-552, desde o seu inicio na glorieta Eduardo Diz López ata o cruce coa rúa Newton, dótase dunha pasarela elevada de 200 metros de lonxitude para comunicar as dúas marxes

Destaca que esta actuación aportará valor engadido ao entorno, xa que a pasarela será unha auténtica escultura e buscarase a integración paisaxística da mediana

Co obxectivo de minimizar as incomodades temporais derivadas das obras, durante os vindeiros 5 meses se prevé o corte total do tráfico de vehículos dende a rúa Newton ata a AC-552, habilitando como alternativa a rúa Galileo Galilei

A consellería está a acometer outras actuacións de reforzo da seguridade viaria nesta estrada AC-552, en Arteixo, e na AC-164, en Bergondo, onde se está a impulsar a eliminación de 2 puntos negros, cun investimento de case 1 millón de euros

No marco no Plan de Sendas nesta comarca a consellería ten prevista a construción de 9 itinerarios, que suman 7 quilómetros e un investimento de máis de 5,5 millóns de euros
 

más información
20-4-2018 A Xunta celebra o I Foro 'Vacínate fronte aos abusos' dirixidos a profesionais e colectivos que traballan con nenos, nenas e adolescentes

Terá lugar o vindeiro mércores 25 de abril no auditorio municipal de Ourense e contará con relatorios de diversos expertos no campo

Os interesados poden inscribirse ata completar aforo
 

más información
20-4-2018 Medio Rural aposta polas actividades de divulgación dirixidas aos máis pequenos como fórmula para previr os lumes forestais

Ángeles Vázquez considera crucial educar en valores relacionados co coidado dos montes e da contorna rural

Participou esta mañá nunha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural da comarca
 

más información