Novas

RSS do Portal da Xunta de Galicia

Novas da Xunta

22-6-2018 A Xunta achega 59.000 euros para a mellora do firme da rúa dos Artesáns, no polígono do Ceao

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, sinalou que o Goberno galego destina 1,3 millóns de euros a obras nos parques empresariais de 15 concellos lucenses

máis información
22-6-2018 A Xunta e os concellos da área da Coruña acordan impulsar a renovación do Plan sectorial viario da comarca

No encontro participaron os alcaldes de Arteixo, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Cambre, Oleiros e Culleredo e un concelleiro da Coruña

Vázquez Mourelle indica que o plan viario actualizarase para adaptalo ás novas necesidades de mobilidade da área e resolver cuestións pendentes como a conexión da vía Ártabra coa A-6

Concreta que tamén se tratará o xeito de optimizar a seguridade viaria e a circulación de vehículos pesados, especialmente na N-VI

Na xuntanza tamén se acordou traballar conxuntamente no deseño dun modelo de transporte público que responda ás necesidades dos veciños da comarca

Solicitóuselle ao Concello da Coruña o traslado do contido do estudo de mobilidade que está a realizar e que inclúe a reformulación dos servizos de autobús urbano

En relación ás infraestruturas viarias, en poucas semanas, en canto o Ministerio de Fomento emita o informe pendente, a Xunta lanzará o trámite expropiatorio para avanzar na conexión da vía Ártabra coa AP-9

A conselleira tamén remitirá hoxe ao ministro unha solicitude de reunión, indicándolle as materias pendentes, que recollerán obras como o Vial 18, a reforma de Alfonso Molina ou a mellora da liña ferroviaria A Coruña- Ferrol

máis información
22-6-2018 A Xunta adxudica 25.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de máis de 1 millón de euros

Dende 2015 xa se adxudicaron preto de 1,2 millóns de metros cadrados con bonificación do 30 ou 50 por cento sobre o prezo de venda

máis información
22-6-2018 O IV Plan director da cooperación galega 2018-2021 garante un incremento orzamentario de máis do 40% para ese período

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu hoxe en comisión parlamentaria para dar conta dos detalles deste Plan

Esta folla de ruta aposta polo reforzamento da identidade singular da cooperación galega, definindo os sectores estratéxicos en base ás súas capacidades e traxectoria previa

Establece 11 países prioritarios, que concentrarán o 90% da axuda desembolsada no exterior en cooperación para o desenvolvemento
 

máis información
22-6-2018 A Xunta participa en Vigo nun simulacro de emerxencia dun accidente aéreo no mar

O obxectivo do exercicio foi probar a resposta ante un posible accidente de avión na ría de Vigo

Búscase avaliar os procedementos de actuación e de coordinación dos distintos axentes ante unha emerxencia destas características
 

máis información
22-6-2018 Marta Míguez destaca a segunda edición da semana da vela galega como un ?gran evento que enche a nosa terra de deporte, actividade, visitantes, curiosos e turismo?

Nesta segunda edición da Semana Galega da Vela desputaranse cinco títulos galegos oficiais, as Copas Galicia de Optimist, 420, Vaurien, Láser e Windsurf. Ademais tamén se inclúen no programa o Campionato Ibérico da clase Finn, polo que será unha Semana Internaciona e unha proba de Radio Control, puntuable autonómica

máis información
22-6-2018 Feijóo avoga por seguir impulsando a promoción do peixe como un activo para a vida saudable e unha parte esencial da nosa cultura

Subliña que a Xunta conta con dous programas dirixidos aos máis novos: ‘O sabor da aventura está no mar’ e ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’

Refírese tamén á posta en marcha en 2016 do programa 'Do mar ao prato', destinado aos centros de ensino de hostalaría

Insiste na necesidade de profundar nas tendencias de consumo e novas canles de comercialización, na elaboración sustentable ou na diferenciación e revalorización da industria pesqueira galega

Salienta o importante activo económico deste sector, coa comercialización de máis de 212.000 toneladas de produtos da pesca en 2017 e cun volume de facturación de máis de 500 millóns de euros

máis información
22-6-2018 Ángeles Vázquez felicita aos adegueiros de Ribeiras do Morrazo pola comercialización das primeiras botellas certificadas baixo a nova IXP

A conselleira do Medio Rural asistiu á posta de largo da asociación que integra a catro bodegas destes novo selo de calidade

Comprometeu o apoio da Xunta para mobilizar terras e loitar así contra a fragmentación de parcelas dos viticultores
 

máis información
22-6-2018 Cores Tourís destaca que a comarca do Salnés leva cinco anos consecutivos de creación de emprego

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra incidiu en que esta área, xunto a Caldas e Pontevedra, son as comarcas que rexistran o maior ritmo de crecemento en toda Galicia

Aumentou o emprego entre os maiores de 44 anos e os menores de 30

Ademais, as tres comarcas tamén lideran o incremento en canto a autónomos
 

máis información
22-6-2018 A Xunta pon en valor os seu programas de emprendemento e voluntariado dirixidos á mocidade no Foro Ferrolterra sustentable

A directora xeral destaca o apoio ás iniciativas da xente nova a través de programas como ‘Iniciativa Xove’ ou ‘Galeuropa’, así como coas liñas de axudas destinadas ás entidades de acción voluntaria

máis información
22-6-2018 A Xunta destaca o impuso á promoción e á comercialización do produto artesán galego da Feira de Artesanía de Ourense

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da mostra, que este ano se celebra baixo o lema ‘A creación como modo de vida’

Entre hoxe e o mércores, coincidindo coas festas de Ourense, os visitantes poderán participar nas demostracións de oficios artesáns e mercar pezas de profesionais da marca Artesanía de Galicia

máis información
22-6-2018 Ovidio Rodeiro salienta a achega da Xunta ao gran premio de carrilanas de Esteiro con 30 anos de traxectoria

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña participou na presentación desta Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebra en Muros en xullo

máis información
22-6-2018 A Xunta destaca o importante papel das casas niño para favorecer a conciliación nos concellos rurais de Galicia

A provincia de Ourense conta a día de hoxe con 27 servizos deste tipo, dos cales 9 entraron recentemente en funcionamento con cargo á última orde de axudas os situados nos concellos de Baltar, Os Blancos, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, San Amaro, Beariz e O Irixo

A Consellería de Política Social prepara unha nova convocatoria de axudas, a terceira, que sumada ás dúas anteriores de 2016 e 2017, permitirá contar con 61 Casas Niño en contornas rurais da xeografía galega

máis información
22-6-2018 A Xunta aposta pola transparencia e modernización de todas as administracións para prestar un mellor servizo á cidadanía

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na clausura do II Congreso Red Localis

máis información