Noticias

Novas Feeds RSS

24-4-2018 O programa ?Connecting for Good Galicia? outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa segunda edición

? Entre os 6 proxectos participantes a Xunta premiou cunha axuda de 25.000 euros ao ?Mellor Proxecto? da convocatoria, que este ano recaeu en it!

? A Fundación Vodafone concedeu o Premio ?Conectados pola Accesibilidade?, valorado en 10.000 euros, aos proxectos 3DAcustic e Sense (z) por ser os que mellor incorporaron os principios de accesibilidade universal

? As seis iniciativas participantes promoven o desenvolvemento de solucións innovadoras con tecnoloxías accesibles para persoas con discapacidade e persoas maiores

? O próximo 7 de maio ábrese a convocatoria para a III Edición do programa, ao que poderán presentarse as candidaturas ata o día 31 de xullo

Galego

más información
24-4-2018 Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante o acto de clausura da segunda edición e apertura da nova convocatoria de Vodafone Connecting for Good Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo galego para resolver os novos retos económicos que están marcados pola dixitalización.

Galego

más información
23-4-2018 DICO in motion

O 2 de maio de 2018 celébrase a xornada de presentación e lanzamento do Plan DICO Mindset, un plan para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, orientado a reforzar o capital humano, desenvolver proxectos tractores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.

Galego

más información
22-4-2018 A Xunta trasládalle ao Clúster do Turismo que o Plan de Banda Larga mellorará a cobertura de internet en núcleos de 181 concellos

? As directoras de Amtega e Turismo reuníronse esta semana con representantes do Clúster e abordaron as melloras de acceso a internet previstas pola Xunta e o Estado

? En dous anos o Plan facilitará o acceso a redes de 100Mps a 74.400 persoas de núcleos das catro provincias

? A Xunta ten en marcha desde o 2015 o Plan Smart Turismo para impulsar a dixitalización do sector e favorecer a prestación de servizos de calidade

Galego

más información
19-4-2018 VIGO INTEGRA V: Curso Impresión 3D

Este curso, que deriva do programa Vigo Integra V, achéganos ao mundo da impresión 3D

Galego

más información
19-4-2018 Alfabetización informática

Inicio básico no uso dun ordenador

Galego

más información
19-4-2018 Smartphones

Sácalle partido ao teu smartphone con esta actividade.

Galego

más información
16-4-2018 A Xunta pon en marcha un Plan de formación sobre administración dixital e protección de datos para os empregados públicos

? A EGAP ofrecerá medio centenar de cursos con máis de 1.200 horas de capacitación específica online e presencial

? Trátase dun itinerario formativo que acompaña ao proceso de transformación dixital que se está a abordar na Administración autonómica

? Incorpora tamén as novidades sobre seguridade e protección de datos derivados do novo regulamento europeo, que entra en vigor o 25 de maio

Galego

más información
16-4-2018 Premios Galicia das Telecomunicacións 2018

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2018, que unha vez máis serán entregados no marco da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O evento terá lugar o 1 de xuño de 2018 e estará dedicado ao Big Data.

Galego

más información
14-4-2018 A Amtega e Orange comezan este xoves unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital ?Ao lado dos nosos maiores?

? O ciclo ofrece 17 talleres prácticos nas aulas da Rede CeMIT para facilitar o uso de dispositivos móbiles entre as persoas maiores
? Estes obradoiros de balde serán impartidos por persoal propio de Orange de xeito presencial
? O único requisito para poder asistir é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello, ou a través da web da Rede

Galego

más información
12-4-2018 Máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a internet de redes ultrarrápidas en 2020

? O Plan de Banda Larga da Xunta e as medidas do Estado impulsarán a extensión de fibra no rural entre 2018 e 2020

? Este ano completarase a conexión de 81 polígonos a redes de ata 350 Mbps e o 100% do centros educativos públicos disporán de conexións superiores aos 100Mbps

? Galicia foi a primeira Comunidade en contar cunha Lei de impulso ás infraestruturas de telecomunicacións para axilizar os despregamentos

? A normativa garante a incorporación de infraestruturas TIC na fase de construción da novas vivendas, da estradas e dos edificios públicos autonómicos

? Está en marcha outro Decreto, que obrigará a que os novos polígonos industriais se proxecten contemplando a necesidade de acceso a redes ultrarrápidas

Galego

más información
11-4-2018 Dixital total

Coñece as posibilidades que che ofrece a Administración Electrónica

Galego

más información
11-4-2018 Taller ao lado dos nosos maiores: uso do móbil e tableta

O obxectivo desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Galego

más información
11-4-2018 Taller ao lado dos nosos maiores: uso do móbil e tableta

O obxectivo desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Galego

más información
11-4-2018 Taller ao lado dos nosos maiores: uso do móbil e tableta

O obxectivo desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Galego

más información
11-4-2018 Algúns usos de Raspberry PI

Coñece algúns usos da tecnoloxía Raspberry PI

Galego

más información
11-4-2018 Seguridade informática

Atrévete cun coñecemento máis avanzado en materia de seguridade informática

Galego

más información
10-4-2018 Seminario Práctico: Solicitude para formar parte do Rexistro de Asesores TIC de Red.es

O programa de Asesores Dixitais é unha iniciativa que lles permitirá ás pemes dispoñer dun asesoramento individualizado no seu proceso de transformación dixital. A través deste seminario quérese mostrar aos profesionais interesados en ofrecer este servizo de asesoramente o procedemento para formar parte do Rexistro, facendo énfase na documentación admisible para a acreditación dos requisitos da invitación

Galego

más información