Novas

Novas Feeds RSS

20-9-2018 As microempresas galegas superan á media estatal na contratación de banda larga móbil

? O 72,4% das empresas de menos de 10 empregados optan polas conexións móbiles, 4,3% no último ano e supera a media estatal (72,2%)
? O uso da administración online sitúa ás microempresas galegas no 4º posto do ranking estatal
? O 46,1% das empresas de máis de 10 traballadores ten contratado o acceso a Internet con velocidades de máis de 30 Mbps, un 4,7% máis que o ano anterior
? As empresas de máis de dez empregados están por riba do conxunto do Estado no uso de software de código aberto, redes sociais e no emprego de robótica

Galego

máis información
20-9-2018 A Mobile World Capital aposta por Galicia para o seu primeiro evento fóra de Cataluña

Galego

? A Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación da Coruña, xunto co Club Financeiro Atlántico apoian a Mobile Week Coruña, que terá lugar do 21 ao 28 de novembro
? O evento nace coa vocación de irradiar a toda Galicia o debate sobre o impacto da tecnoloxía no modelo actual de sociedade
? A iniciativa fusiona arte, ciencia e tecnoloxía para poñer á cidadanía no centro da revolución dixital

máis información
20-9-2018 Aplicacións interesantes que non poden faltar no teu teléfono. Escolle e selecciona as apps do teu interese

Charla a traves de internet orientada prioritariamente a mayores de 40-45 anos, en colaboración con Fegaus

Galego

máis información
19-9-2018 Empresas do sector TIC e do audiovisual participan hoxe no Workshop de consultas ao mercado para incorporar contidos dixitais interactivos á televisión pública autonómica

Galego

? No encontro trasladaranse as necesidades e retos dunha iniciativa da Amtega e a CRTVG para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo
? As empresas poden presentar propostas a través da web da Axencia pública autonómica
? Esta actuación enmárcanse no Plan DICO Mindset, elaborado pola Amtega en colaboración cos axentes do sector para impulsar os contidos dixitais en Galicia

máis información
18-9-2018 A Amtega e FEGAUS organizan un ciclo de seminarios en liña sobre o uso de dispositivos móbiles dirixido a persoas maiores

? Ofertan preto de 1500 prazas en 17 localidades con Aulas CeMIT para introducir ás persoas maiores no uso das aplicacións e recursos que lles ofrecen os móbiles
? Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web da Rede CeMIT

Galego

máis información
16-9-2018 A Amtega e a CRTVG organizan un workshop de consultas ao mercado para incorporar servizos innovadores interactivos á oferta da televisión pública autonómica

? O encontro, que terá lugar o vindeiro mércores 19, detallará as necesidades e retos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo
? O proxecto xorde do convenio entre a Amtega e a CRTVG para poñer en marcha unha canle dixital para o ámbito educativo e a creación de contidos multimedia
? Estas actuacións enmárcanse no Plan DICO Mindset elaborado pola Amtega en colaboración cos axentes do sector para impulsar os contidos dixitais en Galicia

Galego

máis información
15-9-2018 O Congreso Silverbullet18 afonda no panorama internacional da dirección de proxectos e xestión de persoas no ámbito tecnolóxico

? Organizado polo CEPTIG e a Amtega, o congreso terá lugar o 27 de setembro na Cidade da Cultura
? Entre os relatores estarán Laurent Kummer, coautor da metodoloxía oficial de xestión de proxectos das institucións europeas, e Santiago Cabaleiro, directivo de Visual MS, empresa viguesa premiada como Best Workplace 2017

Galego

máis información
14-9-2018 Uso da comunicación escrita para reforzar a marca dixital da empresa

O obxectivo da sesión é destacar a importancia do código escrito, con pautas de redacción, e a correcta transmisión de ideas a través das comunicacións escritas nas canles dixitais como o correo electrónico, as redes sociais ou as webs, e que isto sexa un elemento máis da marca da empresa.

Galego

máis información
13-9-2018 Galicia avanza na implantación da administración dixital e, por primeira vez, as xestións online superan ás presenciais

Galego

? Subliña o compromiso de seguir avanzando neste eido co obxectivo de transformar as oficinas do Rexistro nunha Rede de oficinas de atención á cidadanía e crear a figura do funcionario habilitado

máis información
12-9-2018 Workshop DICO Mindset: Consultas ao mercado

Workshop de Consultas ao Mercado dentro do proceso de Compra Pública de Innovación para a posta en marcha dunha plataforma integral de servizos e solución baseados en contenidos dixitais interactivos.

O proxecto buscará posicionar a Galicia na vangarda do sector audiovisual a nivel internacional, a través da colaboración do sector TIC e o sector Audiovisual, gracias ao convenio firmado entre a AMTEGA e a TVG.

Galego

máis información
12-9-2018 Ao remate de 2018 o 85% da superficie empresarial da provincia de Lugo terá acceso á redes de internet ultrarrápida

Galego

? O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza coas asociacións de empresarios dos polígonos de Sarria que xa dispoñen desta cobertura co apoio da Xunta (Amtega) e o operador R
? Na provincia xa se benefician desta actuación 11 polígonos industriais e no que falta de ano chegarase a outros 3 máis acadando un total de 14 polígonos lucenses

máis información
11-9-2018 Plan Galicia 5G

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan Galicia 5G, complementario ás medidas europeas e estatais, para posicionar á Comunidade como territorio preferente na fase de pilotaxe de solucións tecnolóxicas baseadas na tecnoloxía 5G, que será o paso previo ao despregamento destas redes.

Galego

máis información
7-9-2018 A Xunta estimula o talento tecnolóxico dos mozos e mozas galegos a través de dous campamentos

Galego

? Ata o sábado estanse a desenvolver no albergue xuvenil de Gandarío actividades sobre video mapping e drons

máis información
6-9-2018 Galicia consolida a educación pública 100% dixital cun acordo marco que permitirá adquirir 30.000 novos portátiles ao longo dos vindeiros dous anos

? A contratación realizarase cun único provedor e contará cun orzamento máximo de 14,8 millóns de euros
? Poderán desfrutar dos beneficios do libro dixital 267 centros, un 70% máis que o curso pasado, e 18.000 alumnos
? O 100% dos centros públicos de primaria e secundaria contarán neste novo curso cun acceso a internet cun mínimo de 100 megas

Galego

máis información
6-9-2018 Xestión comercial e administrativa dunha peme con software libre. Odoo

Esta actividade do CDTIC, organizada por Amtega e Anubía en colaboración con Agasol consistirá nunha presentación do software libre Odoo para levar dunha forma cómoda a xestión comercial e administrativa dunha empresa

Galego

máis información
3-9-2018 O CPETIG e a Amtega organizan en setembro un curso especializado de protección de datos

? Esta formación está concibida para que calquera persoa que desexe certificarse como Delegado de Protección de Datos
? Esta figura é unha das esixencias establecidas no novo Regulamento Xeral de Protección de Dato, que entrou en vigor o pasado 25 de maio

Galego

máis información
31-8-2018 O Centro Demostrador TIC da Amtega acumula máis de 16.000 reproducións das súas sesións transmitidas por streaming

? Na sección ?En diferido? da páxina web do Centro Demostrador TIC pódense ver os vídeos das sesións retransmitidas e de algunhas presenciais.
? As últimas incorporacións a ?En diferido? son as sesións #DemosXWeb con temáticas de actualidade como o RXPD, subvencións para mellorar o ERP ou uso profesional de Whatsapp
? A canle de Livestream do CDTIC suma xa 67 sesións gravadas dispoñibles de balde para todo o público

Galego

máis información
23-8-2018 Correo electrónico

Capacitación no uso da correspondencia vía internet

Galego

máis información
23-8-2018 GIMP: Programa de retoque fotográfico

Este curso ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes.

Galego

máis información
21-8-2018 Preto de 11.000 empregados públicos acóllense a medidas de flexibilidade horaria ou teletraballo

? Actualmente, uns 10.694 traballadores fan uso da flexibilidade horaria, 416 máis dos que empregaban esta modalidade en decembro de 2017
? Outras 296 persoas prestan servizo a través do teletraballo

Galego

máis información