Noticias

RSS do Portal da Xunta de Galicia

Novas da Xunta

14-10-2019 Comezan os traballos para construír a senda peonil e ciclista na LU-612 en Lugo, entre o inicio da estrada de Portomarín e Toiriz

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se están a levar a cabo actuacións previas de topografía e replanteo para iniciar a obra nos vindeiros días

A construción do novo itinerario, de case dous quilómetros, ten un prazo de execución dun ano e un orzamento próximo aos 523.000 euros
 

más información
14-10-2019 Medio Rural e a Fundación Paideia avanzan na súa colaboración en materia de desenvolvemento rural e mellora xenética forestal

José González destacou que este GDR é un dos máis operativos e dinámicos e que desenvolve un importante labor no apoio aos emprendedores no agro

Na xuntanza avaliouse tamén a marcha do convenio subscrito entre a Consellería e a Fundación para impulsar a produción de especies como a cerdeira e o carballo para a súa mellora xenética

más información
14-10-2019 Almuiña reclama un debate sobre financiamento sanitario para afrontar a ampliación da carteira de servizos

O conselleiro de Sanidade solicita unha revisión dos criterios na designación de centros CAR-T

Considera que Galicia conta con centros hospitalarios públicos con amplia traxectoria e capacitados para a administración destas novas terapias

más información
14-10-2019 A Xunta apoia proxectos de difusión da cultura xacobea de 21 asociacións de amigos do Camiño de Santiago

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas a estes imprescindibles colectivos xacobeos que ascende a 90.000 euros

más información
14-10-2019 As obras de mellora de conservación do viaduto de Paramuíño fan necesario o corte nocturno do acceso á autovía AG-56 desde As Galanas

Para acometer esta actuacións suspenderase o tráfico nesta vía desde mañá martes día 15 ás 22:00h e ata as 07:00 h do mércores 16

O obxectivo da intervención é a recolocación dos apoios no viaduto para optimizar a conservación do mesmo
 

más información
14-10-2019 A Policía Autonómica identifica a 21 persoas por consumo e venda de alcohol a menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

más información
14-10-2019 A Xunta trasladará á Comisión Hispano Lusa a proposta dos concellos transfronteirizos para crear unha autovía ata A Gudiña

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuníronse con alcaldes de ambos lados da “raia” que solicitan unha conexión internacional por autovía entre o nordeste de Portugal e a estación do AVE da Gudiña

Alfonso Rueda indicou que esta infraestrutura reforzaría a mobilidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e facilitaría o acceso á liña de alta velocidade Galicia-Madrid

Ethel Vázquez subliñou que unha nova conexión internacional por autovía entre o nordeste de Portugal e a futura estación da Gudiña permitiría sacarlle a máxima rendibilidade á chegada do AVE nesta contorna

más información
14-10-2019 Feijóo destaca a oportunidade social e económica que suporá o Xacobeo 2021 reflectido nun novo patrocinio que achegará case un millón de euros para amosar a mellor Galicia da nosa historia

Celebra o compromiso de Gadisa con Galicia e con este gran evento cultural, presente en todos os xacobeos, desde a última década do século XX ata este terceiro ano santo do século XXI

Asegura que a apertura da Porta Santa engrandecerá a tradición xacobea e será un comezo inmellorable para a Galicia da nova década

Lembra que o Camiño non só se percorre, senón que tamén se saborea na gastronomía, permanece nas paisaxes, admírase a través do patrimonio espallado polas rutas e compártese ao instante a través de internet

Cómpre recordar que o programa de beneficios fiscais estenderase ata o 30 de setembro de 2021, ampliando así a repercusión deste evento e permitindo que o tecido empresarial sexa parte fundamental e participe activamente na súa organización
 

más información
14-10-2019 A Xunta achegará mañá ao CEIP Manuel Padín, de Soutomaior a campaña de seguridade viaria 'O corazón está do teu lado' para fomentar hábitos responsables nas estradas entre os escolares

A Consellería de Infraestruturas, en colaboración coa de Educación, ten en marcha esta campaña dirixida a cativos de 6 a 12 anos, que entre o pasado curso e o presente chegará a 40 colexios

Os alumnos, a través das unidades didácticas que empregarán co profesorado, aprenden a importancia de utilizar as sendas peonís, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía

A iniciativa busca que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á dos demais

más información
14-10-2019 Román Rodríguez resalta o ilusionante futuro do CSHG que marcará "un antes e un despois" no sector turístico

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela presidiron o acto de apertura do curso académico

Xunta e USC traballan no novo grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira que se implantará na USC a partir do curso 2021-2022

más información
14-10-2019 A Xunta financiará 10 novas prazas públicas de centro de día de Alzhéimer en Mondoñedo

Fabiola García sinalou que a posta en marcha deste recurso servirá de gran axuda para que os familiares das persoas que sofren esta doenza poidan conciliar

más información
14-10-2019 A Xunta destaca que Boeing elixa Galicia para poñer en marcha as Aulas Newton, un proxecto educativo pioneiro vinculado ao sector aeroespacial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acudiu hoxe a Lugo á presentación deste programa dedicado a fomentar o coñecemento científico-tecnolóxico entre os máis novos

Baséase no concepto da aula descentralizada, ofrecendo unha infraestrutura móbil que conta con simuladores de voo

Lugo convértese na primeira cidade en contar con esta Aula Newton, unha iniciativa que se poderá visitar a partir do vindeiro 21 de outubro ata o 10 de novembro, e que se levará despois a outros nove países europeos
 

más información
14-10-2019 A Xunta incorpora a outros catro deportistas olímpicos galegos á súa campaña contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinaron hoxe contratos de patrocinio con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020

Nesta ocasión, asinaron os contratos a nadadora Beatriz Gómez, o judoka Francisco Garrigós, o regatista Iago López e o xogador de tenis Martín de la Puente Riobó

En total, está previsto asinar contratos con 25 deportistas galegos nesta primeira fase

Esta acción enmárcase no convenio de colaboración incluído no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

más información
14-10-2019 O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego ? A Laracha' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe na Laracha, aos alumnos que participan nesta iniciativa

A actuación inclúe tamén accións de orientación e asesoramento laboral individualizado e formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas

Casal salientou a importancia da cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía

más información