Noticias

Novas Feeds RSS

3-12-2019 A rede de Aulas CeMIT prevé superar os 96.000 usuarios o vindeiro ano

? Desde a súa creación en 2011 ofreceu máis de 370.000 horas de formación en TIC
? É un dos instrumentos chave do Plan de Inclusión Dixital de Galicia e xa conseguiu, cun ano de antelación, o obxectivo proposto en 2016 de superar a porcentaxe do 75% de galegos que acceden a Internet
? De cara a vindeira década xogará un papel fundamental para facilitar a acreditación do futuro Marco de Competencias Dixitais
? A directora da Amtega agradeceu ao axentes TIC, dinamizadores e formadores da Rede o seu labor, nun encontro que tivo lugar na hoxe na Cidade da Cultura

Galego

más información
3-12-2019 Procura de emprego a través de Internet

Mecanismos para a busca de emprego a través da internet

Galego

más información
3-12-2019 Deseña os teus libros de fotos

Neste obradoiro de 2 días ensinarase o deseño de libros de fotografía

Galego

más información
3-12-2019 Aprende a usar infinidade de aplicacións no teu móbil

Neste taller ensinarase o uso de apps para dispositivos móbiles

Galego

más información
2-12-2019 A Xunta constitúe un comité de expertos das tres universidades galegas, que colaborarán na elaboración da Estratexia Dixital 2030

Galego

? A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e a directora da Amtega presidiron hoxe a creación do comité, integrado por 22 académicos de diferentes disciplinas
? Complementarán a visión dos centros tecnolóxicos, empresas e axentes sociais que están a participar na definición da nova folla de ruta para abordar os retos da transformación dixital

más información
30-11-2019 A contratación de internet no rural crece máis dun 20% en catro anos

? A porcentaxe de fogares con servizo de banda larga supera o 76% nos concellos de menos de 10.000 habitantes
? Tamén crece o uso de dispositivos electrónicos, en máis dun 13%, e o de Internet un 6,5%
? A convivencia con estudantes elimina a fenda entre fogares rurais e urbanos, elevando a máis do 97% a contratación de internet nos concellos máis pequenos
? Dous de cada tres galegos residentes no rural utiliza redes sociais, máis as mulleres que os homes, e especialmente os máis novos
? O uso de apps nos dispositivos aseméllase xa ao conxunto de Galicia (94,6%), con especial incidencia do uso de aplicacións de mensaxería instantánea
? A Xunta vai pon en marcha un proxecto de mellora das comunicacións móbiles no rural cun investimento público de ata 5 millóns de euros
? Desta actuación poderán beneficiarse núcleos de ata 118 concellos do ámbito rural nos que se ten detectado algún problema coa cobertura móbil

Galego

más información
28-11-2019 A Xunta mellorará a cobertura de telefonía móbil en núcleos rurais de ata 118 concellos de Galicia grazas a un acordo coa Fegamp

? Feijóo destaca que contará cun investimento que poderá chegar aos 5 M?
? Explica que tras solicitar reiteradamente ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de telecomunicacións, decidiuse optar por esta solución alternativa
? Salienta que os concellos interesados deberán presentar un proxecto que inclúa: a posta á disposición dun terreo adecuado e comprometerse a abordar a acometida eléctrica

Galego

más información
26-11-2019 A TDT e a liberación do Segundo Dividendo Dixital en Galicia

O obxectivo desta xornada é dar información, apoio e asesoramento en relación ao novo Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre e a liberación do Dividendo Dixital, así como as subvencións existentes para a adaptación das instalacións de recepción do sinal da TDT.

Galego

más información
25-11-2019 Automatización de tarefas de administración en dispositivos de rede Cisco mediante Python

O obxectivo é presentar a linguaxe de programación Python como ferramenta de desenvolvemento de utilidades de automatización en tarefas de configuración de rede, usando librerías baseadas en software libre.

Galego

más información
24-11-2019 Comeza a terceira edición de ?Tecnólogo por un día?, que permitirá a 74 rapaces compartir unha xornada laboral con profesionais TIC

? A Amtega e unha ducia de empresas galegas do sector tecnolóxico comezan a recibir estes días as visitas de rapaces e rapazas de 12 a 17 anos
? A iniciativa consolídase, incrementando o número de solicitudes en cada edición ata chegara a máis de 380 nesta terceira convocatoria
? A Axencia autonómica está traballando na seguinte edición, na que prevé incrementar o número de prazas
? A implicación da comunidade educativa é fundamental e máis 50 docentes de preto de 40 centros educativos promoveron a actividade entre o seu alumnado e formalizaron as inscricións
? Tecnólogo por un día é unha das actuacións do catálogo de iniciativas DigiTalent para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

Galego

más información
19-11-2019 Mar Pereira sinala que Galicia ten capacidades para estar na liga dixital europea

Galego

? A directora Amtega inaugurou hoxe a presentación do Capítulo Galego da Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información ISMS Forum

más información
18-11-2019 Xunta e INCIBE colaborarán en materia de ciberseguridade e impulsarán accións de formación e concienciación para cidadáns e empresas

? Grazas a un convenio asinado recentemente entre a Amtega e Instituto Nacional de Ciberseguridade
? O acordo permitirá a transferencia de coñecemento e o intercambio de experiencias e proxectos entre ambas entidades neste ámbito
? Tamén promoverá actuacións de sensibilización, concienciación e capacitación para que cidadáns e empresas saiban identificar mellor os posibles riscos do mundo dixital
? O 90% dos galegos considera recomendable ter máis información para navegar de xeito seguro pola rede
? O 85,3% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 41,6% das microempresas galegas sinalan que empregan sistemas de seguridade

Galego

más información
14-11-2019 Auditoría de seguridade de dispositivos IoT e IIoT

Ferramentas como Shodan permiten que persoas usuarias e administradoras de infraestructura IoT/IIoT obteñan que información sobre os dispositivos IoT/IIoT propios hai en Internet.. Durante este taller farase unha aproximación ao uso básico desta ferramenta.

Galego

más información
14-11-2019 A Amtega abre hoxe o prazo para que as empresas do sector tecnolóxico se adhiran ao programa de bolsas DigiTalent

? O obxectivo desta iniciativa é facilitar a incorporación de perfís non tecnolóxicos ao sector TIC
? Ata o 20 de novembro as entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes así como as áreas de coñecemento que encaixan máis coas súas necesidades
? No mes de xaneiro, tras a selección das empresas, abrirase a convocatoria aos estudantes que queiran acceder ás 50 bolsas do Programa
? Están destinadas a estudantes de últimos cursos de Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura

Galego

más información
12-11-2019 A Xunta e o Concello de Santiago abren a consulta a operadores para despregar fibra no casco histórico

? Desde mañá e ata o 22 de novembro poden trasladar o seu interese en participar na consulta
? Tras este primeiro paso, iniciarase unha rolda de xuntanzas cos operadores interesados ata o 16 de decembro
? A resolución contempla un prazo de dous meses hábiles desde a súa publicación para a presentación dos plans de despregamento
? Os proxectos deberán basearse, fundamentalmente, no ?Catálogo de solucións? elaborado pola Administración autonómica coa colaboración do Concello compostelán
? O documento ofrece alternativas como o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento

Galego

más información
12-11-2019 A Xunta e o Concello de Santiago abren a consulta a operadores para despregar fibra no casco histórico

? Desde mañá e ata o 22 de novembro poden trasladar o seu interese en participar na consulta
? Tras este primeiro paso, iniciarase unha rolda de xuntanzas cos operadores interesados ata o 16 de decembro
? A resolución contempla un prazo de dous meses hábiles desde a súa publicación para a presentación dos plans de despregamento
? Os proxectos deberán basearse, fundamentalmente, no ?Catálogo de solucións? elaborado pola Administración autonómica coa colaboración do Concello compostelán
? O documento ofrece alternativas como o trazado por cornixa, o soterramento ou o despregamento da fibra óptica a través das redes de saneamento

Galego

más información
8-11-2019 O CDTIC da Amtega organiza en novembro unha nova edición do programa #MesD centrado no manexo de ferramentas multimedia

? Entre o 12 e o 28 deste mes o Centro Demostrador acollerá tres sesións formativas dedicadas Adobe Premiere Pro, Gimp e Inkscape
? Estas actividades enmárcanse na cuarta edición do programa #MesD, unha iniciativa que concentra durante un mes diferentes xornadas formativas sobre un tema concreto
? A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web ou na aplicación do Centro Demostrador TIC

Galego

más información
6-11-2019 A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para que as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización

Galego

? O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Santiago na apertura do Innovation & Manufacturing Brokerage Event, que reúne hoxe e mañá a expertos en innovación e fabricación avanzada de sete países
? O encontro celébrase no marco da RIS3 Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, unha estratexia intelixente única en Europa e que pon o foco na Industria 4.0 e na mobilidade
? Salienta o traballo que se está realizando dentro do próximo programa marco Horizonte Europa, centrado en fortalecer as bases científicas e tecnolóxicas da UE
? Lembra que a Consellería destinará o próximo ano preto de 210 millóns de euros a lograr unha Galicia máis innovadora, potenciando os sectores nos que a Comunidade xa é líder e explorando novas posibilidades de desenvolvemento

más información
31-10-2019 A Amtega conta cun orzamento de máis de 115 millóns de euros no 2020 para consolidar unha Galicia máis dixital

Galego

? Completará a extensión de redes de 100Mbps en máis de 600 núcleos do rural cun investimento de preto de 4 millóns de euros e lanzará unha nova actuación para mellorar a cobertura de voz e datos nas zonas máis illadas
? Estenderá a educación integramente dixital a 50 novos centros, o que permitirá superar os 30.000 alumnos con libro dixital
? Destina máis de 14 millóns de euros para avanzar na dixitalización da Administración e da Xustiza
? Ampliará a extensión da Historia Social Única Electrónica coa posta marcha da plataforma ?Asiste? que proporcionará servizos en mobilidade para os cidadáns e os seus familiares e coidadores
? Iniciará a ampliación de CPDI para duplicar a súa capacidade e satisfacer as crecentes demandas derivadas dos avances na dixitalización
? Aprobarase a Estratexia Dixital de Galicia 2030 que terá entre os seus instrumentos estratéxicos unha Rede de Nodos de especialización tecnolóxica coordinada dende o GaiásTech

más información
26-10-2019 A Xunta avanza no novo modelo de xestión dos sistemas de impresión e dixitalización, que xa reduciu nun 40% o número de dispositivos

? A Amtega inicia a licitación dun un novo acordo marco para consolidar a extensión do servizo integral de impresión e dixitalización, adaptado ás necesidades da Administración electrónica
? Integra nunha mesma contratación o mantemento e dotación de equipos e a subministración de consumibles mediante o sistema de pago por copia
? Reduce os custes de impresión, o número de dispositivos instalados e de páxinas impresas
? Complementa as iniciativas que a Xunta vén desenvolvendo para acadar unha xestión dixital de todo ciclo de vida dos documentos e dos procedementos administrativos

Galego

más información