Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds
No 2008 só o 36,7% dos fogares da Comunidade tiña contratado este servizo fronte ao 56,3% de 2012. O ritmo de crecemento é superior ao estatal e ao europeo, que experimentaron un incremento do 33,1% e do 25%, respectivamente, durante este período. Os 199 concellos galegos con menos de 5.000 habitantes, cunha porcentaxe de Internet contratada do 36%, determinan os resultados globais neste indicador. Nos 58 municipios con máis de 10.000 habitantes supérase a media galega de contratación a Internet. A convivencia con nenos e a idade son factores determinantes no uso das TIC. En 7 de cada 10 fogares onde residen rapaces de 3 a 16 anos supéranse en máis 15 puntos as porcentaxes do uso de ordenador e internet que se rexistran noutro tipo de fogar. Galicia supera a media estatal e europea en interacción coas AAPP a través de Internet.
más informaciónO teléfono móbil para uso empresarial é o equipamento máis utilizado entre os empresarios autónomos e as pemes do transporte e o almacenamento en Galicia.
más informaciónA Unión Europea revisa a Directiva 2003/98/CE de Reutilización da Información do Sector Público para establecer un novo marco xurídico no uso dos datos abertos.
más informaciónOs servizos ?na nube? deben cumprir as garantías de seguridade, protección e privacidade dos datos
más informaciónMostraranse as tendencias e dinámicas no mercado pesqueiro en tempo real e con información fiable para este sector estratéxico de Galicia.
más informaciónO 22,5% dos titulados en carreiras universitarias no eido tecnolóxico son mulleres e a porcentaxe de empregadas no sector TIC galego é do 38%. A formación constitúe un elemento estratéxico para a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en Galicia.
más informaciónAs empresas do sector TIC poden atopar no sector téxtil, na alimentación e nos servizos de loxística un mercado potencial para incrementar o seu volume de negocio en Galicia.
más informaciónGalicia, con 194.511 empresas, ocupa o quinto lugar no ranking estatal de Comunidades Autónomas. O 95% son microempresas con menos de 10 traballadores/as.
más informaciónNo ano 1950, a poboación urbana en todo o planeta ascendía a 750 millóns de persoas. No 2011, esa cifra incrementouse por cinco e superou os 3.500 millóns de habitantes e estímase que no ano 2030 o 60% da poboación mundial vivirá en cidades.
más informaciónUn catálogo de utilidade para o desenvolvemento de novos proxectos TIC
más informaciónNo ano 2012 publicáronse 19 informes específicos sobre a Sociedade da Información en Galicia. Incrementouse nun 45,5% o volume de estudos e noticias analizadas polo OSIMGA en relación ao ano 2010.
más informaciónO Plan de Banda Larga facilitou o acceso a internet a 655.000 galegos dos 786.000 que carecían deste servizo e incrementáronse en máis do dobre os procedementos que cidadáns e empresas poden tramitar telemáticamente na sede electrónica da Xunta. Por outra parte, por riba de 6.000 empregados públicos están acreditados dixitalmente e, só no 2012, asináronse electrónicamente 67.000 documentos na Administración autonómica. En canto aos servizos públicos, destácase que Galicia xa conta con preto de 2.000 aulas dixitais das que se benefician máis de 40.000 alumnos, grazas ao Proxecto Abalar e todos os órganos xudiciais galegos contan co sistema de notificación telemática Lexnet e a implantación da e-receita en 2009 permitiu diminuír en tres millóns as consultas médicas anuais nos centros de saúde. Ademais mobilizáronse 280 millóns de euros na subvención de máis de 1.600 proxectos tecnolóxicos na Comunidade
más informaciónEstímase que a utilización do SFA supuxo un aforro para a economía da Unión Europea de 114.000 millóns de euros ao ano.
más informaciónA finais do ano 2009, estimábase que o número de subscritores a teléfonos móbiles a nivel mundial situábase ao redor dos 4.600 millóns de usuarios, tres cuartas partes deles, en países en vías de desenvolvemento. No ano 2000 esta proporción era dunha cuarta parte, o que confirma o extraordinario crecemento da tecnoloxía móbil ao longo da primeira década do século XXI.
más informaciónA AMTEGA impulsa o uso do software libre neste sector estratéxico do sistema produtivo galego, con actuacións encamiñadas á formación e ás demostracións de funcionamento no CDTIC e a Rede CeMIT, entre outros servizos públicos dispoñibles para o conxunto da cidadanía, das empresas e das administracións públicas de Galicia.
más informaciónUn 82% das empresas informáticas utiliza algunha tipoloxía de software libre, o que supón un aumento de 9,8 puntos porcentuais en relación ao ano 2010. Máis da metade das empresas que venden software ofrecen servizos e produtos elaborados baixo licenzas libres.
más informaciónAIMC informa que catro de cada cinco usuarios conéctanse a Internet a través dun teléfono móbil. Máis da metade dos internautas enquisados xa utiliza servizos de almacenamento "cloud".
más informaciónO sector TIC representa máis do 50% do emprego no conxunto dos sectores agrupados na economía do coñecemento en Galicia. Redúcese o número de afiliacións á Seguridade Social na economía do coñecemento en termos xerais, pero o sector TIC mantense nunha situación de equilibrio dende o ano 2009 con máis de 15.000 traballadores/as e unha taxa de emprego do 1,6% no total de afiliacións. A provincia da Coruña concentra máis da metade do emprego no sector TIC galego no ano 2012, con 8.377 traballadores/as, seguida de Pontevedra con 4.700 traballadores/as. Deste xeito, as dúas provincias occidentais concentran o 85% do volume de emprego no sector.
más informaciónMáis de 630 mil clientes cambiaron de compañía móbil e 185.500 mudaron de provedor de liña fixa durante o mes de xaneiro. A telefonía móbil perdeu preto de 250.000 liñas e acumula seis meses consecutivos de retrocesos.
más informaciónO uso do ordenador e de Internet por parte das mulleres con idades comprendidas entre os 35 e os 44 anos é superior aos homes nos últimos tres meses. A fenda de xénero no uso de Internet reduciuse á metade dende o ano 2011. A formación constitúe un elemento estratéxico para a incorporación das mulleres tecnólogas ao mercado laboral en Galicia.
más información