Premios

27-10-2015

Xa temos os finalistas da I edición dos Premios Clúster TIC Galicia

A entrega dos premios terá lugar en Compostela o 29 de outubro, nunha gala que se desenvolverá no marco do evento LibreCon 2015


O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.

Os finalistas son:

Categoría Innovación:
o   AVANSIG (A Coruña)
o   EGATEL (San Cibrao das Viñas)
o   SINERGIA G6 (O Porriño) 

Categoría Internacionalización:
o   IGALIA (A Coruña)
o   Quobis (O Porriño)
o   Optare Solutions (Vigo) 

Categoría Liderado TIC:
o   ALTIA CONSULTORES (A Coruña)
o   CPEIG (Santiago de Compostela)
o   HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) 

Categoría Startup:
o   APPENTRA SOLUTIONS (A Coruña)
o   BROOKESIA DESIGN AND TECHNOLOGIES (San Cibrao das Viñas)
o   DOMESTING  (A Coruña)

Categoría Software Libre:
o   IGALIA (A Coruña)
o   LIBREBIT (Vigo)
o   PACO&LOLA (Meaño)

Os gañadores non se desvelarán até a Gala de entrega dos Premios.

Sobre a Gala dos Premios Terá lugar no marco do evento LibreCon 2015 o día 29 de outubro ás 19:30 h. na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A asistencia é gratuíta previa inscrición.
Por seren galardóns de honra que distinguen a calidade, os premios non comportan dotación económica, os gañadores recibirán un trofeo representativo e exclusivo.

Sobre os Premios
Nacen para estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información. Con esta iniciativa, quérese pór de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser. 
A participación está aberta a todas aquelas empresas/entidades que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como entidades usuarias de produtos e servizos TIC galegos.

Sobre o Clúster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en xaneiro de 2008 que reúne empresas, colexios profesionais, centros de investigación, emprendedores e outras entidades do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) de Galicia. O seu traballo oriéntase a promover a internacionalización das empresas, o acceso ao financiamento, a transferencia tecnolóxica e a colaboración entre os seus socios para desenvolver proxectos innovadores de vocación global aliñados co programa europeo Horizonte 2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), contribuíndo ao crecemento do sector TIC e á modernización da economía galega.

En medios:

Código Cero | Xa hai finalistas dos Premios Clúster TIC Galicia, que se entregan mañá en Librecon