Novas

04-12-2015

O Consello Xeral do Poder Xudicial, adxudica a Ozona o seu proxecto de compartición de ficheiros na nube

O pasado 18 de novembro Ozona recibiu notificación sobre a adxudicación do “contrato para os servizos de almacenamento seguro accesible a través de internet da documentación xerada polo Sistema de Xestión de Comisións do Consello Xeral do Poder Xudicial”. O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano constitucional, colexiado, autónomo, integrado por xuíces e outros xuristas, que exerce funcións de goberno do Poder Xudicial coa finalidade de garantir a independencia dos xuíces no exercicio da función xudicial fronte a todos. Requiría para a extensión do seu Sistema “Xestión de Comisións” da adquisición dun sistema de almacenamento na nube, que permite o acceso á documentación desde calquera ubicación, minimizando a posibilidade de erro dos sistemas de Consello e aumentando o período de atención ante incidencias cubrindo o período 24X7, 365 días ao ano. Ademais como requirimento  fundamental, este almacenamento tería que ter preferiblemente a súa sede física en Europa ou en calquera lugar sempre que se cumpran as normas establecidas pola AEPD para a transferencia internacional de datos fora do territorio Europeo. Resultaba imprescindible que os servizos técnicos do Consello poidan comprobar ou validar en calquera momento as medidas de seguridade.

A mellor solución de almacenamento na nube e compartición de ficheiros era, Citrix ShareFile. Esta adxudicación e o perfil dos seus usuarios finais avalan a SharaFile com un produto seguro, robusto e de uso sinxelo, que sen dúbida algunha cumprirá coas exixencias e necesidades deste Organismo.