Novas

05-02-2016

A organización do CEBIT 2016 invita aos membros do Clúster TIC a participar na feira

A feira CeBIT terá lugar do 14 ao 18 de marzo en Hannover (Alemaña), tendo por obxectivo nesta ocasión tratar todo o referente ás oportunidades e retos da transformación dixital a dixitalización no eido empresarial, a través dun evento de exhibición e conferencias internacionais.

O Clúster TIC invita aos socios a participar na feira, aproveitando as entradas gratuítas proporcionadas pola organización.

Pódese consultar o programa da feira na súa web oficial.