Novas

19-02-2016

O Clúster TIC e CITIC organizan unha xornada de xeración de grandes proxectos

  • O acto tivo lugar o 18 de febreiro na sede da Fundación CITIC de Galicia, e asistiron empresas do Clúster, membros do Padroado da Fundación CITIC de Galicia, o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde e o Vicerrector de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya
  • O obxectivo do encontro foi o de seguir potenciando a colaboración entre ambos organismos a través da xeración de grandes proxectos de investigación e innovación, como é o caso do Programa Retos-Colaboración do MINECO
No día de onte tivo lugar, na sede do CITIC, unha xornada organizada de maneira conxunta polo Clúster TIC Galicia e a Fundación CITIC de Galicia. O acto contou coa presenza do Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia –e próximo Presidente da Fundación CITIC-, Salvador Naya.

Tras a apertura da xornada por parte do Reitor da Universidade da Coruña, os portavoces de ambas entidades compartiron cos asistentes ideas de proxecto concretas que poderían impulsarse a corto prazo e as súas principais liñas de investigación. Tamén se analizaron as vías de colaboración existentes entre ambos organismos a través da xeración de grandes proxectos de investigación e innovación, como é o caso, por exemplo, do Programa Retos-Colaboración do MINECO.

O Presidente da Fundación CITIC de Galicia, Ricardo Cao, e Manuel F. González Penedo, Coordinador do CITIC, fixeron fincapé na evolución do CITIC desde a súa fundación, hai unha década, até converterse nun Centro de I+D de referencia que vela pola transferencia de tecnoloxía. Pola súa parte, Jesús M. Díaz, Responsable da Oficina de Transferencia Tecnolóxica, puxo de manifesto ante os asistentes as múltiples capacidades de I+D do CITIC. Concretamente, enumeráronse as capacidades do Centro en Contornas Smart e Big Data, no marco do Programa Retos-Colaboración do MINECO.


Pola súa parte, Antonio Rodríguez del Corral, Presidente do Clúster TIC Galicia, expuxo datos do sector TIC e analizou a súa evolución até a actualidade. Quixo tamen aproveitar a ocasión para destacar a importancia da universidade como punto de apoio para a creación e desenvolvemento de proxectos empresariais. Por último, analizou as diversas oportunidades existentes para as empresas, como son a creación de spin-offs empresariais, a creación de novas start-ups e a escalabilidade dos produtos.

Tanto os portavoces como os asistentes manifestaron no remate da xornada a súa satisfacción coa mesma.

Máis imaxes