Novas

03-03-2016

SabadellGallego e Clúster TIC alíanse para impulsar o sector TIC en Galicia

SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou convenio de colaboración co Clúster TIC Galicia. O acordo subscribiuse por Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e por Pablo Junceda Moreno, director xeral de SabadellGallego.

O obxecto deste acordo é poñer a disposición das empresas e emprendedores membros do Clúster TIC produtos e servizos co obxectivo de facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías, á financiación de circulante en calquera das modalidades, así como a financiación a medio-prazo de novas inversións en activos fixos mediante préstamos e leasing.

SabadellGallego ofrece aos emprendedores membros do Clúster TIC o programa BStartup para facilitar financiación e acompañamento ás xoves empresas. O programa ofrece produtos e servizos financeiros que ofrezan cobertura ás necesidades específicas dos emprendedores; asesoramento financeiro para os emprendedores; realizaranse sesións formativas específicas sobre temas financeiros que estean dentro do ámbito dos emprendedores. A rede de oficinas especializadas BStartups conta cun equipo de profesionais coñecedor das peculiaridades destas empresas.

En medios:

Código Cero | SabadellGallego achegará recursos financieiros ás empresas do Clúster TIC