Novas

28-03-2016

Xornada de presentación de resultados do proxecto de análise e estudo de Plataformas de IoT do Cluster TIC Galicia

O xoves 31 de marzo, ás 11h, terá lugar no Edificio CEM da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada de presentación de resultados do proxecto de análise e estudo de Plataformas de Internet das Cousas (IoT) coordinado polo Cluster TIC Galicia xunto ás empresas socias Itelsis, Plexus e R. Este proxecto foi financiado no marco da convocatoria do Programa de Axudas a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR).

O obxectivo principal deste proxecto foi a análise e posterior estudo dunha serie de Plataformas IoT, tanto baseadas en software libre coma privativas, para acadar unha serie de pautas e recomendacións para aplicar ditas plataformas aos produtos e servizos das empresas do sector TIC galego.

Deste modo, durante a presentación exporase:

  • Unha breve introdución ao proxecto, detallando os seus obxectivos e as actividades levadas a cabo
  • Exposición dos resultados da análise e estudo das principais plataformas de IoT seleccionadas, incluíndo ademais unha visión sobre compoñentes tecnolóxicos específicos das mesmas
  • Principais escenarios de uso, tendo en conta o nivel de investimento necesario para a implantación das plataformas
A xornada será exclusiva para socios do Clúster TIC e os interesados en participar deben confirmar asistencia até o mércores 30 de marzo contactando co Cluster TIC Galicia (881 939 651 ou info@clusterticgalicia.com).

En Medios:
Código Cero | O Cluster TIC Galicia amosa os resultados do seu proxecto IoT 

PROXECTO COFINANCIADO