Novas

19-04-2016

O Cluster TIC Galicia e a Escola de Negocios Afundación lanzan a 2ª edición do Programa de Desenvolvemento Xerencial para empresas TIC

Comprometido coa formación de calidade para as empresas socias, o Clúster TIC dá continuidade ao primeiro programa formativo en habilidades directivas realizado en xuño de 2015.

A actividade de xerente dunha empresa, e especialmente nas PEMES, requiere cada vez máis dunha especial capacidade “todoterreno”. Esta realidade maniféstase de forma moi acusada en sectores como o TIC, no que se unen tres factores de especial relevancia:

  • Un perfil directivo de marcado carácter técnico.
  • Un sector de actividade tremendamente dinámico e cambiante.
  • Empresas de dimensión xeralmente moi reducida. 
Para paliar estas carencias nos nosos empresarios e directivos o Clúster TIC volve a confiar na ampla experiencia da Escola de Negocios Afundacion para que a través do Programa de Desenvolvemento Xerencial para empresas TIC (PDG) se dote aos responsables das empresas socias dos coñecementos, ferramentas e destrezas necesarias para xestionar as súas empresas dun maneira global, coordinada e coherente.  

Destinatarios: Xerentes e directivos das empresas socias do Clúster  de calquera área funcional que precisen recorrer áreas distintas de xestión a aquela na que desempeñan as súas tarefas. En xeral, persoas que teñan ou vaian ter en breve responsabilidades e capacidade de toma de decisións nas súas organizacións. 

Programa: O programa ten unha duración total de 180 horas, estruturadas ao redor de 5 grandes bloques temáticos, compostos a súa vez por seminarios de 10 ou 20 horas (todos eles poderán cursarse de forma independente):
1. A ORIENTACION AO MERCADO E AO CLIENTE (40 horas)
2. INNOVACION E PROCESOS (20 horas)
3. O SOPORTE ECONOMICO FINANCEIRO (50 horas)
4. A DIRECCION DESDE UNHA PERSPECTIVA GLOBAL (30 horas)
5. O DESENVOLVEMENTO PERSOAL DO DIRECTIVO (40 horas) 

Lugar: Centro Social Abanca, Plaza de Cervantes. Santiago de Compostela 

Datas e horario: Durante os meses de Maio, Xuño, Setembro e Novembro os venres de 16:30 a 21:30 e os sábados de 9:00 a 14:00

Inscrición: Para inscribirse no programa ou nos seminarios individuais, os socios poden pórse en contacto coa oficina do Cluster TIC a través dos medios habituais (881 939 651 ou info@clusterticgalicia.com)