Novas

24-05-2016

O Clúster TIC Galicia colabora na organización da Xornada Oportunidades de Financiación de I+D Sector TIC

O Clúster TIC Galicia colabora co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) na organización da Xornada Oportunidades de Financiación de I+D Sector TIC. Convocatorias CDTI 2016, que terá lugar o próximo martes 7 de xuño, na sede do CITIC na Coruña.

Trátase dunha xornada aberta á Universidade, investigadores e empresas do sector TIC, enmarcada dentro dunha serie de actividades que o CITIC organiza con a finalidade de promover a transferencia tecnolóxica cara o sector empresarial. O principal obxectivo deste encontro é presentar as características e oportunidades de financiación de I+D+i de especial interese para o sector TIC, con convocatoria de CDTI aberta en 2016, entre elas os actuais programas: Innterconecta, PID, LIC, EUROSTARS, EUREKA, IBEROEKA, etc.

Ademais, as entidades que conformen consorcios de colaboración e/ou lideren proxectos de I+D+i no sector TIC terán a oportunidade de mantener reunións bilaterais de 45 minutos con personal técnico do CDTI, de maneira que poidan adquirir unha visión do enfoque deste organismo e do axuste dos seus proxectos ao mesmo. A xornada servirá de punto de encontro para o sector de Investigación TIC e as empresas do Clúster TIC, xa que terán á súa disposición un espazo de diálogo e captación de novas ideas.

Todos aqueles interesados en asistir e/ou solicitar entrevistas bilaterais deberán realizar unha inscrición electrónica e nviar ao correo electrónico proyectos@citic-research.org a súa ficha de proxecto conforme modelo CDTI. 

PROGRAMA
09:15h - 09:30h: Recepción de asistentes
09:30h - 10:15h: "Oportunidades financiación I+D+i CDTI. Convocatorias 2016"
Manuel González Penedo. Coordinador CITIC. 
Luis Maeso de la Morena. Dpto. de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital. Dirección de Promoción e Coordinación. CDTI. 
10:15h: Café dispoñible
10:15h - 14:45h: Reunións bilaterais Empresas-CDTI. Máximo 6 entrevistas. Duración estimada: máximo 45 minutos. 
15:00h: Peche de Xornada