Novas

22-11-2016

Tres clusters galegos alíanse para impulsar a cuarta revolución industrial

A unión fai a forza. Os tres clusters galegos recoñecidos a nivel europeo coa categoría Gold Label pola ESCA (European Secretariat for Cluster Analysis) sábeno mellor que ninguén e decidiron aliarse para aunar sinerxias e impulsar máis rápido e de forma máis intensa a xa coñecida como cuarta revolución industrial. Integran a alianza "Clusters Galicia 4.0" o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), o Clúster TIC Galicia e o Clúster de Acuicultura. Unha das súas primeiras accións conxuntas foi participar a semana pasada en San Sebastián no "IV Congreso Internacional de Clusters", donde contactaron con organizacións empresariais vascas de referencia mundial como o Clúster de Industrias das Tecnoloxías Electrónicas e da Información de Euskadi (GAIA).

"Clusters Galicia 4.0" comezou as súas operacións o pasado mes de maio. O clúster do motor e das TIC xa mantiñan unha estreita relación pola cada vez maior presenza tecnolóxica que acompaña ao sector do automóbil, e a inclusión do Clúster de Acuicultura na ecuación debeuse ao seu gran dinamismo, segundo fontes consultadas por FARO. A idea principal é aproveitar as sinerxias e experiencias entre as tres organizacións, cuia calidade e seriedade foi contrastada coa etiqueta Gold Label pola Secretaría Europea para a Análise de Clusters (ESCA, nas súas siglas en inglés). Os integrantes da alianza están dispostos á incorporación de novos clusters con interese na Industria 4.0.

Representantes de "Clusters Galicia 4.0" participaron a semana pasada en San Sebastián na cuarta cumbre internacional de clusters organizada pola Federación Española de Clusters, cuia vicepresidencia ocupa actualmente Ceaga. Máis de 60 organizacións déronse cita no evento, no que participou o Ministerio de Industria e o Gobierno vasco. A alianza considera moi positiva a reunión cos clusters industriais do País Vasco, xa que permitiu o intercambio de boas prácticas, coñecementos e iniciativas no ámbito da Industria 4.0. Euskadi comezou fai 30 anos a desplegar unha exitosa política industrial baseada en clusters, con expoñentes de talla internacional como GAIA, entre outros.

Tras o congreso, tivo lugar o congreso "Basque Industry 4.0", encontro de referencia no País Vasco sobre a fábrica intelixente, no que participaron máis de 2.000 empresas, clusters e institucións. Este foro empresarial constitúe un referente global en materia de tendencias de manufatura avanzada. Acompañando aos representantes de Ceaga, TIC Galicia e Acuicultura acudieron responsables do Igape.

Fonte: Faro de Vigo