Novas

17-01-2017

Wimbag e Grupo Itelsis presentan en FITUR o seu localizador de equipaxes

Sabían vostedes que cada ano se perden no mundo 26 millóns de maletas? Pois o máis incrible é que, de todas elas, ao menos un millón nunca se chega a recuperar. 

Santiago Alvarez é un enxeñeiro galego que decidiu dar solución a este problema. Tras dar os primeiros pasos en solitario, fai un ano buscou a colaboración do Grupo Itelsis. Dita colaboración dou os seus froitos tras varios meses de traballo, mediante a creación dunha solución baseada nun dispositivo de pequenas proporcións (apenas 80 x 60 x 15 mm e 100 g. de peso) que, ao incluílo dentro da maleta permite saber, comodamente desde o teléfono móbil do usuario, o que está sucedendo coa súa equipaxe en todo momento.

Ademais de dar a coñecer a ubicación da maleta, permite recibir unha serie de notificacións moi interesantes para o usuario, como un aviso en caso de extravío ou posible abandono (advertindo de posibles roubos), alerta en situacións de apertura non autorizada, ou simplemente cando a batería do dispositivo estea a punto de esgotarse. Ademais recoñece os datos do voo do usuario alertándoo en caso de que a maleta chegue a un aeroporto incorrecto. 

Wimbag tamén quere ir un paso máis alá, incluíndo un elemento diferenciador: queren que os seus usuarios poidan xestionar a recuperación da equipaxe en caso de perda directamente desde a aplicación, evitando desta forma ter que esperar as interminables colas fronte á ventá de reclamacións no aeroporto e evitar así incómodas interrupcións durante a viaxe. Para conseguilo, están negociando acordos con varias aeroliñas, para poder integrar a aplicación cos seus sistemas de equipaxe perdido.

A presenza en FITUR permitiralles dar a coñecer o produto ao gran público e buscar aliados estratéxicos no sector das axencias de viaxe. Tamén esperan poder acercarse ás principais aeroliñas de Asia, EEUU e América Latina, convencidos de que a solución que propoñen supón unha importante mellora na xestión da equipaxe perdida que se vén facendo ata agora.

Enlaces de interés:
http://www.wimbag.com
http://www.wimbag.com/logistics.html
http://www.itelsis.comhttp://twitter.com/santiTeleco
http://twitter.com/wimbagTracker