Novas

05-05-2017

Continuidade no Comité de Dirección do Clúster TIC, R reelixida na presidencia e incorporación de 3 novas entidades

A Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster TIC Galicia, celebrada onte en Santiago de Compostela, reelixiu a Antonio Rodríguez Del Corral coma Presidente da entidade en representación da empresa R. Tamén elixiu aos 16 membros do Comité de Dirección, 8 grandes empresas (facturación maior ou igual a 6M€) e 8 pequenas empresas (facturación inferior a 6M€), na súa maioría entidades que formaron parte do CODI nos últimos 3 anos, ás que se incorporan 3 novas entidades. 

O presidente electo, Antonio Rodríguez Del Corral, comunicou que o CODI debe ser un órgano aberto e transparente, polo que é interese de todos os membros invitar a todos os candidatos non electos a sumarse ao mesmo se o seu interese é aportar ao Clúster “creemos que ese espírito é o mellor para que nestes próximos 3 anos poidamos avanzar na misión do Cluster, que non é outra que axudar a cada un dos seus socios na súa propia estratexia, axudar a xerar negocio a longo prazo e no posible, actuar de Faro de oportunidades para os socios”.

A composición do Comité de Dirección para os vindeiros 3 anos será:

Presidencia
: Antonio Rodríguez Del Corral en representación da empresa R 

Grandes Empresas
:

  1. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
  2. Egatel
  3. Everis
  4. Idom
  5. Plexus
  6. Satec
  7. Seidor
  8. Sivsa 
Pequenas Empresas:  
  1. Bahía Software
  2. Dos Espacios
  3. Imaxín Software
  4. Itelsis
  5. Librebit
  6. Sixtema
  7. Tesla
  8. Visual Publinet